O núcleo

1º) Explica buscando información ao respecto, como puideron insvestigar tal cousa os cientificos.

Os cientificos poden estudar a composición da terra por medio de ondas electromagneticas.

2º) Que aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

Poder achegar mais sobre o saber da terra e a sua composicion e asi podemos extraer novos materiais das diferentes capas da terra. Esto tamen saber sobre a tectonica de placas.

3º) Achega algunha reflexión ao feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definivos.

Co paso do tempo e melloras da tecnoloxía podemos estudar novas tecnoloxias podemos drescribir cousas que parecian definitivas e que non o son.

4º) Imaxina algunha consecuaencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da terra.

Que a terra deixaria de rotar sobre si mesma a tectonica de placas deixaria de moverse, a temperatura da codia terrestre descenderia moito o que causaría a extinción de toda a vida na terra.

 

(Actividades) O núcleo da terra

1º. Explica, buscando información ao respecto, como puideron investigar tal cousa os científicos.

Observando minuciosamente cada un dos acontecementos da codia terrestre, facendo posteriores estudos en analizando os resultados obtidos.

2º. Que aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

Maior seguridade da poboación, xa que poden detectarse con anterioridade os posibles terremotos ou catástrofes naturais.

3. Achega algunha reflexión ao feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definitivos.

Os cambios desas teorías supón un maior coñecemento do mundo en que vivimos e consecuentemente unha maior seguridade, comodidade e a posibilidade de acabar con circunstancias que afectan a poboación.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da terra.

Influencia nos movementos da terra, xa que o núcleo interno está en continuo movemento e ese arrefriamento podería influir na sua rotación.

 

O núcleo da Terra

Exercicios:

1. Explica, buscando información ó respecto, como puideron investigar tal cousa os científicos.

Descubriuse que o núcleo da Terra rota entre 0,3 e 0,5 graos ó ano máis ca corteza, o que supón que farían falla uns 900 anos para que o núcleo lle gañase un xiro completo ó resto do planeta.

Os investigadores descubriron isto ó analizar 17 pares de ondas sísmicas similares (chamadas “dobres ondas”) de terremotos de baixa intensidade que tiveron lugar durante distintos períodos de tempo na rexión das Illas Sandwich (na parte meridional de América do Sur) e que atravesaron tanto o núcleo sólido como líquido do planeta. Esas “dobre ondas”  (que foron recollidas en máis de 58 estacións sísmicas en Alaska cunha diferencia temporal de máis de 35 anos) mostraron cambios nos seus recorridos. O análise mostra como as ondas sísmicas que viaxan polo noso planteta non sempre tardan nin describen unha gráfica idéntica. A variación é de 0,0090 segundos cada ano a favor do núcleo interno, o que confirma que realmente se move a maior velocidade.

2. Que aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

O descubrimento desta volta adicional podería achegar información ós científicos sobre como xera a Terra o seu campo magnético, ademais de dar unha idea mellor sobre como funciona o noso planeta.

3. Achega algunha reflexión ó feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definitivos.

O funcionamento do planeta e todo o relacionado coa vida, o sistema solar, o universo… é algo infinitamente grande e complexo. Por iso, aínda que o ser humano descubriu moitas cousas e chegou a conclusións que parecen definitivas, todavía quedan infinidade de ideas sen aclarar e información nova sen descubrir. Co paso dos anos a ciencia coñecerá datos novos pero nunca chegaremos a saberlo TODO.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da Terra.

Se o núcleo externo da Terra se arrefriase solidificaríase e supoño que variaría o campo magnético do planeta.

 

O núcleo da Terra

1. Explica, buscando información ao respecto, como puideron investigar o núcleo da Terra os científicos.

Mediante diferentes métodos, todos eles indirectos xa que non temos acceso a dito núcleo:

  • Realizando no laboratorio simulacións e modelos o máis fiables posibles das capas da Terra e levando a cabo experimentos.
  • Efectuando estudos do campo electromagnético terrestre.
  • Estudando e asociando os fenómenos que se dan na codia e, incluso, nas capas máis externas do manto.
  • Establecendo hipóteses que máis tarde foron confirmadas cos estudos e experiencias anteriormente citadas.

2. Qué aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

  • Fai posible a previsión dos movementos bruscos das placas tectónicas (terremotos e maremotos) e tamén das destructivas ondas sísmicas que provocan.
  • Permitirá una avance tecnolóxico na explotación da enerxía xeotérmica unha vez esta estea máis avanzada.
  • Maior precisión á hora de determinar as ubicacións dos xacementos minerais.

3. Achega algunha reflexión ao feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definitivos.

Os avances e os descubrimentos sempre se producen en función do punteira que estea a ciencia que os estuda. Do avanzada que estea dita ciencia tamén depende a precisión coa que se formulan as hipóteses e teorías. Cando a ciencia logra avanzar, tamén se acada precisión, o que se traduce en revisións das teorías establecidas para perfeccionalas. Por exemplo, Copérnico estableceu que os planetas desprázanse en torno ao Sol en órbitas circulares, máis tarde, e co perfeccionamento da Física, da Astronomía e aplicando as Matemáticas, Kepler determinou que non era así, se non que se movían describindo órbitas elípticas.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da Terra.

Todos os fenómenos provocados pola condición fluída do núcleo externo terrestre deixarían de darse xa que o núcleo interno quedaría bloqueado producindo:

  • A eliminación do campo electromagnético terrestre.
  • A desaparición do dinamismo litosférico.
  • A rotación sobre sí mesma da Terra interromperíase provocando fortes impactos sobre a vida.

Antonio Lareu Sánchez, 1º de Bacharelato C

 

O noso planeta: a Terra.

1. O artigo fai referencia ó único lugar do planeta onde pode observarse un continente quebrando en terra firme. Localiza na Internet algunha imaxe dese feito que se comenta.

imagen

2. Os científicos seguen hoxe en día debatendo acerca da natureza das placas tectónicas. Explica brevemente, ó fío dos exemplos que sinalan, a que poden referirse ó consideralas duras ou brandas.

A primeira hipótese suxire que os continentes parten en anacos nos choques entre placas tectónicas e a segunda que aumentan de espesor ó xuntarse. O resultado da investigación corrobora que a resposta correcta non é senón unha combinación das dúas hipóteses.

3.Tamén fai mención  a certos feitos que na actualidade segue sen explicar a teoría da tectónica de placas. Achega algunha reflexión acerca desa realidad, en relación cos límites da ciencia e coa súa evolución dinámica.

A tectónica de placas afirma que a corteza da Terra (litosfera) está dividida en placas semirríxidas, que flotan sobre un estrato de rocha líquida do manto, chamada astenosfera, material que aflora polos bordes das placas facendo que se separen. As placas converxen ou diverxen ó longo de áreas de gran actividade sísmica e volcánica.

As placas se separan ou diverxen principalmente nas dorsais centro-oceánicas. Por outra banda, as zonas de contacto máis relevantes encóntranse nos puntos nos que converxen as placas oceánicas coas continentais.


 

O núcleo da Terra

Mentres a Terra xira, o seu centro faino incluso máis rápido. Confirmando as afirmacións realizadas en 1996, un equipo de geofísicos presentou datos na revista Science que demostran que o núcleo interno da Terra, unha bóla de ferro sólido cuxo diámetro é aproximadamente un 70 % do da Lúa, xira máis rápido ca o resto do planeta. Nun período de entre 700 e 1200 anos, o núcleo interno parece dar unha volta completa máis. Esa volta adicional podería achegar información aos científicos sobre como xera a Terra o seu campo magnético. O núcleo interno, cun diámetro de 2400 quilómetros, encóntrase no centro do planeta, situado nun mar de metal líquido quente, coñecido como núcleo externo. Sen nada que o manteña na súa posición, o núcleo interno pode rotar de forma independente.

Aínda que o núcleo interno ten unha forma prácticamente esférica, a súa composición parece presentar unha estratificación similar ás vetas da madeira, que podería acelerar ou diminuír as ondas sísmicas. Os científicos cren comprender por que o núcleo interno pode xirar a unha velocidade distinta. O fluxo de ferro ascendente e descendente do núcleo externo líquido xera campos eléctricos e magnéticos, que empurran o núcleo metálico interno. «Aquilo funciona coma un enorme rotor dentro dun motor eléctrico », sinala Richards. «Coa excepción de que canaliza mil millóns de amperes». Agora, os novos datos mellorarán os modelos por ordenador e achegarán unha idea mellor sobre como funciona o interior da Terra.

KENNETH CHANG (New York Times). El País, 14/09/2005

Estrutura da terra

 Podes ler a noticia completa en:

El centro de la Tierra gira más rápido que la superficie

Cuestións para 1º C

1. Explica, buscando información ao respecto, como puideron investigar tal cousa os científicos.

2. Que aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

3. Achega algunha reflexión ao feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose

coñecementos que parecen sempre definitivos.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da Terra.

 

Tectónica de placas

O val do Rift de Etiopía ábrese e África pártese a un ritmo duns 16 milímetros ao ano. Trátase dun fenómeno xeolóxico moi lento, pero tamén dunha oportunidade única de seguir en directo o movemento dos continentes. […] Esta descomunal fractura prodúcese porque no val do Rift de Etiopía se xuntan dúas xigantescas placas litosféricas, a africana e a arábiga, que agora se están separando. O tempo estimado para que este proceso cambie realmente o aspecto de África mídese en millóns de anos, pero de forma ocasional as tremendas presións baixo o solo provocan xa episodios catastróficos, como o ocorrido en setembro de 2005, cando se abriron centos de fendas na zona.

Outra investigación recente […] tratou de confirmar, nun amplo estudo sobre o conxunto de Asia, como son as placas tectónicas: duras e crebadizas ou brandas e viscosas? A primeira hipótese suxire que os continentes parten en anacos nos choques entre placas tectónicas, a segunda que aumentan de espesor ao xuntarse. O resultado da investigación corrobora que a resposta correcta non é senón unha combinación das dúas hipóteses: «Encontramos que a maior parte de Asia é moi dura e rompe coma un prato de cerámica, pero tamén que hai grandes anacos, como o Tíbet ou as montañas Tien Shan, que parecen deformarse como a plastilina», comenta Calais [xeofísico americano responsable da investigación].

Val do Rift

Un dos grades interrogantes que non responde a tectónica de placas é a formación de moitas illas volcánicas, como Hawai, Galápagos ou Canarias. A explicación máis utilizada é a de penachos térmicos: parte do material do manto terrestre sobe ao ter unha maior temperatura e unha menor densidade e funde ao chegar á superficie formando unha illa ou unha montaña submarina, lonxe dos bordos das placas tectónicas. Non obstante, se ben a maioría dos xeólogos está de acordo con esta teoría, non deixa de ter tamén detractores.

CLEMENTE ÁLVAREZ. El País, 14/03/2007

Canarias

Podes ler a noticia completa en:

Los geofísicos siguen en directo la deriva de los continentes

 Cuestións para 1º A

 1. O artigo fai referencia ao único lugar do planeta onde pode observarse un continente quebrando en terra firme. Localiza na Internet algunha imaxe dese feito que se comenta.

2. Os científicos seguen hoxe en día debatendo acerca da natureza das placas tectónicas. Explica brevemente, ao fío dos exemplos que sinalan, a que poden referirse ao consideralas duras ou brandas.

3. Tamén fai mención a certos feitos que na actualidade segue sen explicar a teoría da tectónica de placas. Achega algunha reflexión acerca desa realidade, en relación cos límites da ciencia e coa súa evolución dinámica.

 

O Cambio Climático e medidas para evitalo

Cambio Climático 

Chámaselle “cambio climático” á modificación do clima atribuida ou causada directa ou indirectamente polo ser humano e que altera a composición da atmosfera mundial e que se suma á variabilidade natural do clima observada  durante períodos de tempo comparables.

Para evitar o aumento destes cambios leváronse a cabo unha serie de medidas como:

  -     O Protocolo de Kioto

O Protocolo de Kioto é un acordo internacional que ten como obxectivo reducir as emisións de gases que causan o calentamento global, levado a cabo pola ONU dentro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) e asinado en 2002 pola Unión Europea, que ten como obxectivo que os países industrializados reduzan as súas emisións de CO2 nun 8% por debaixo do volume de 1990. O obxectivo principal é loitar contra os efectos do cambio climático. Segundo as cifras da ONU, prevese que a temperatura media da superficie do planeta aumentará entre 1,4 e 5,8 °C de aquí a 2100, malia que os invernos son máis fríos e violentos. Isto coñécese como quentamento global.  A redución das emisións deberá acontecer en varias atividades económicas. O protocolo estimula os países signatarios a cooperaren entre si, a través dalgunhas accións básicas:

  • Reformar os sectores de enerxía e transportes;
  • Promover o uso de fontes enerxéticas renovables;
  • Eliminar mecanismos financeiros e de mercado inapropriados aos fins da Convención;
  • Limitar as emisións de metano no xestionamento de residuos e dos sistemas enerxéticos;
  • Protexer as florestas e outros sumidouros de carbono.

 

 

Lenda:

·        Verde: Países que asinaron o protocolo. ·        Amarelo: Países que asinaron, mais aínda non ratificaron o protocolo.

·        Vermello: Países que asinaron, pero a ratificación foi rexeitada.

·        Gris: Países que non asumiron ningunha posición no protocolo.

-    A Cumbre de Copenhague

A Cumbre de Copenhague (A XV Conferencia Internacional sobre o Cambio Climático) Tivo lugar en Copenhague, Dinamarca desde o 7 o 18 de decembro de 2009, foi organizada pola CMNUCC (Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático), co fin de preparar futuros obxectivos que substitúan os do “Protocolo de Kioto” que remata en 2012. O obxectivo final (a longo prazo) é a redución mundial das emisións de CO2  en menos dun 50% en 2050 con respecto a 1990.


 

¿Sabias que…?

El fuerte terremoto de Chile movió el eje de la Tierra y acortó los días

El terremoto que estremeció Chile el sábado podría tener consecuencias para todo el planeta, dado que movió el eje de la Tierra y acortó la duración de cada día, según cálculos preliminares de la NASA. Mientras, la zona más afectada por el seísmo amaneció ayer militarizada, con tanquetas en las calles, un toque de queda ampliado a 18 horas y sus habitantes organizados en grupos de autodefensa ante los violentos saqueos de los últimos días.

Richard Gross, un científico del Laboratorio de Propulsión de la NASA en Pasadena (California) y sus colaboradores recurrieron a un complejo modelo de cálculos para llegar a la conclusión preliminar de que la fuerte sacudida debería haber acortado el día terrestre en aproximadamente 1,26 microsegundos. Un microsegundo es una millonésima de segundo.

Pero aún más impresionante es que se habría movido el eje de figura de la Tierra, esto es la línea en torno a la cual está equilibrada la masa del planeta, y que puede haberse desviado en 2,7 milliarsegundos, esto es unos 8 centímetros.

 

Extinción dos dinosaurios

Ó  largo da historia propuxceronse 45 hipoteses sobre a extinción dos dinosaurios tres de elas son:

Radiacions e cegueira: Debido ao calentamento da terra e ao esceso de radiacións ultravioletas do sol, os dinosaurios quedaronse cegos e por mor diso non puideron reproducirse.

imagen

Sobrepoboacion e suicidio: A sobrepoboación, provocou aos dinosaurios que os levaran a suicidios colectivos.

Hambruna: A sobrepoboacion de dinosaurios hervívoros puido devastar a vexetación e provocar a sua morte por falta de alimento, e asi provcar a  extinción dos dinosaurios.

imagen