O núcleo da Terra

Mentres a Terra xira, o seu centro faino incluso máis rápido. Confirmando as afirmacións realizadas en 1996, un equipo de geofísicos presentou datos na revista Science que demostran que o núcleo interno da Terra, unha bóla de ferro sólido cuxo diámetro é aproximadamente un 70 % do da Lúa, xira máis rápido ca o resto do planeta. Nun período de entre 700 e 1200 anos, o núcleo interno parece dar unha volta completa máis. Esa volta adicional podería achegar información aos científicos sobre como xera a Terra o seu campo magnético. O núcleo interno, cun diámetro de 2400 quilómetros, encóntrase no centro do planeta, situado nun mar de metal líquido quente, coñecido como núcleo externo. Sen nada que o manteña na súa posición, o núcleo interno pode rotar de forma independente.

Aínda que o núcleo interno ten unha forma prácticamente esférica, a súa composición parece presentar unha estratificación similar ás vetas da madeira, que podería acelerar ou diminuír as ondas sísmicas. Os científicos cren comprender por que o núcleo interno pode xirar a unha velocidade distinta. O fluxo de ferro ascendente e descendente do núcleo externo líquido xera campos eléctricos e magnéticos, que empurran o núcleo metálico interno. «Aquilo funciona coma un enorme rotor dentro dun motor eléctrico », sinala Richards. «Coa excepción de que canaliza mil millóns de amperes». Agora, os novos datos mellorarán os modelos por ordenador e achegarán unha idea mellor sobre como funciona o interior da Terra.

KENNETH CHANG (New York Times). El País, 14/09/2005

Estrutura da terra

 Podes ler a noticia completa en:

El centro de la Tierra gira más rápido que la superficie

Cuestións para 1º C

1. Explica, buscando información ao respecto, como puideron investigar tal cousa os científicos.

2. Que aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

3. Achega algunha reflexión ao feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose

coñecementos que parecen sempre definitivos.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da Terra.

 

Tags: , , ,