O núcleo da Terra

1. Explica, buscando información ao respecto, como puideron investigar o núcleo da Terra os científicos.

Mediante diferentes métodos, todos eles indirectos xa que non temos acceso a dito núcleo:

  • Realizando no laboratorio simulacións e modelos o máis fiables posibles das capas da Terra e levando a cabo experimentos.
  • Efectuando estudos do campo electromagnético terrestre.
  • Estudando e asociando os fenómenos que se dan na codia e, incluso, nas capas máis externas do manto.
  • Establecendo hipóteses que máis tarde foron confirmadas cos estudos e experiencias anteriormente citadas.

2. Qué aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

  • Fai posible a previsión dos movementos bruscos das placas tectónicas (terremotos e maremotos) e tamén das destructivas ondas sísmicas que provocan.
  • Permitirá una avance tecnolóxico na explotación da enerxía xeotérmica unha vez esta estea máis avanzada.
  • Maior precisión á hora de determinar as ubicacións dos xacementos minerais.

3. Achega algunha reflexión ao feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definitivos.

Os avances e os descubrimentos sempre se producen en función do punteira que estea a ciencia que os estuda. Do avanzada que estea dita ciencia tamén depende a precisión coa que se formulan as hipóteses e teorías. Cando a ciencia logra avanzar, tamén se acada precisión, o que se traduce en revisións das teorías establecidas para perfeccionalas. Por exemplo, Copérnico estableceu que os planetas desprázanse en torno ao Sol en órbitas circulares, máis tarde, e co perfeccionamento da Física, da Astronomía e aplicando as Matemáticas, Kepler determinou que non era así, se non que se movían describindo órbitas elípticas.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da Terra.

Todos os fenómenos provocados pola condición fluída do núcleo externo terrestre deixarían de darse xa que o núcleo interno quedaría bloqueado producindo:

  • A eliminación do campo electromagnético terrestre.
  • A desaparición do dinamismo litosférico.
  • A rotación sobre sí mesma da Terra interromperíase provocando fortes impactos sobre a vida.

Antonio Lareu Sánchez, 1º de Bacharelato C

 

Tags: , , , , , , , , , ,