O núcleo da Terra

Exercicios:

1. Explica, buscando información ó respecto, como puideron investigar tal cousa os científicos.

Descubriuse que o núcleo da Terra rota entre 0,3 e 0,5 graos ó ano máis ca corteza, o que supón que farían falla uns 900 anos para que o núcleo lle gañase un xiro completo ó resto do planeta.

Os investigadores descubriron isto ó analizar 17 pares de ondas sísmicas similares (chamadas “dobres ondas”) de terremotos de baixa intensidade que tiveron lugar durante distintos períodos de tempo na rexión das Illas Sandwich (na parte meridional de América do Sur) e que atravesaron tanto o núcleo sólido como líquido do planeta. Esas “dobre ondas”  (que foron recollidas en máis de 58 estacións sísmicas en Alaska cunha diferencia temporal de máis de 35 anos) mostraron cambios nos seus recorridos. O análise mostra como as ondas sísmicas que viaxan polo noso planteta non sempre tardan nin describen unha gráfica idéntica. A variación é de 0,0090 segundos cada ano a favor do núcleo interno, o que confirma que realmente se move a maior velocidade.

2. Que aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

O descubrimento desta volta adicional podería achegar información ós científicos sobre como xera a Terra o seu campo magnético, ademais de dar unha idea mellor sobre como funciona o noso planeta.

3. Achega algunha reflexión ó feito de que en ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definitivos.

O funcionamento do planeta e todo o relacionado coa vida, o sistema solar, o universo… é algo infinitamente grande e complexo. Por iso, aínda que o ser humano descubriu moitas cousas e chegou a conclusións que parecen definitivas, todavía quedan infinidade de ideas sen aclarar e información nova sen descubrir. Co paso dos anos a ciencia coñecerá datos novos pero nunca chegaremos a saberlo TODO.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do arrefriamento do núcleo externo da Terra.

Se o núcleo externo da Terra se arrefriase solidificaríase e supoño que variaría o campo magnético do planeta.

 

Tags: , ,