O cambio climático.

O cambio climático é un tema de actualidade que nos afecta a todos. Defínese como o cambio orixinado no clima directa ou indirectamente pola acción do home e a suma da variabilidade natural do clima. Según o informe de 2001 do IPPC a temperatura media da Terra aumentou 0.6ºC nos últimos 100 anos. Estes aumentos de temperatura no futuro poden supoñer cambios como: moitas terras de cultivo poden perderse ó convertirse en desertos, as precipitacións aumentarán entre un 3% e un 15%, a metade dos glaciares fundiranse provocando o aumento do nivel do mar entre 0.4 e 0.65 m (facendo desaparecer moitas zonas costeiras), zonas nas que a auga escasea, como África e Oriente Medio, serán aínda máis secas…

Para frenar o cambio climático creouse o protocolo de Kioto (creado en 1997 en Kioto e que reuniu a 125 países). O acordo entrou en vigor o 16 de febreiro de 2005, só despois de que 55 nacións que suman o 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro o aprobaran. O obxectivo do protocolo de Kioto é conseguir reducir as emisións de seis gases que causan o calentamento global: dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4), óxido nitroso (N2O), hidrofluorocarbonos (HFC), perfluorocarbonos (PFC) e hexafluoruro de xofre(SF6). O compromiso global da reducción é do 5.2% respecto ós niveis de 1990, aínda que a cota de reducción de cada país varía conforme o que contaminou no pasado.

O protocolo de Kioto finalizará no 2012, por iso o sucesor será a Cumbre de Copenhague, na que se reuniron os líderes mundiais co fin de alcanzar un novo acordo internacional para combatir o cambio climático. O resultado non foi o desexado e os diferentes países non tomaron ningunha decisión importante. Aínda así incluíuse a EEUU por primeira vez (un dos máis contaminantes), e introduciuse o REDD (Progama de Reducción de Emisións causadas pola Deforestación e a Degradación dos bosques). Tamén se recoñeceu a necesidade de evitar que o quentamento global supere en 2ºC os niveis preindustriais. A próxima gran cita será en México a finais de 2010.


 

Tags: , , ,