O cambio climático

Que é o cambio climático? Para os efectos da Convención, é un cambio no clima atribuído directa ou indirectamente á actividade humana que altera a composición da atmosfera global e que se suma á variabilidade natural do clima observada durante períodos de tempo comparables. Aquí podense ver definicións de conceptos relacionados:

http://entornoperu.tripod.com/glosarioc.htm

 Actualmente os científicos pensan que o clima global se verá alterado significativamente no século XXI como resultado do aumento das concentracións de gases de efecto invernadoiro como o dióxido de carbono, metano, óxido nitroso e os clorofluorcarbonos. Eses gases están atrapando unha proporción crecente de radiación infravermella terrestre e esperase  que a temperatura do planeta aumente entre 1,5 e 4,5°C. Como consecuencia disto, estímase que os patróns de precipitacións globais tamén varien.

imagen

 

imagen

Para evitar o avance do cambio climático cada certo tempo realizase unha reunión de países para chegar a acordos, dúas delas son: 

-O Protocolo de Kioto sobre o cambio climático foi aprobado o 11 de decembro de 1997 en Xapón, aínda que entrou en vigor o 16 de febreiro de 2005. Este protocolo é un acordo internacional que ten como obxectivo reducir as emisións de seis gases de efecto invernadoiro que causan o quentamento global: dióxido de carbono, metano, óxido nitroso, hidrofluorcarbonos, perfluorocarbonetos e hexafluoreto de xofre  nunha porcentaxe aproximada de polo menos 5%, no período comprendido entre 2008 e 2012, en comparación ás emisións do ano 1990. Por exemplo, se a contaminación destes gases en 1990, alcanzou o 100% a finais de 2012 debe ser de polo menos 95%. Isto non significa que cada país debe reducir o 5% das súas emisións, senon que cada país que participou na cumbre ten as súas propias porcentaxes que debe diminuír.

- A XV Conferencia Internacional sobre Cambio Climático celebrada en Copenhague,  Dinamarca, do 7 ó 18 de decembro de 2009, foi organizado pola Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, que organiza a conferencias coa meta de preparar os obxectivos futuros para substituír o Protocolo de Kyoto, que expira en 2012. Á Conferencia acudiron 34.000 persoas, incluíndo delegados de 192 países. O obxectivo final (a longo prazo) era presuntamente a reducción global das emisións de CO2 en polo menos o 50% no ano 2050 comparado a 1990, e os países deberían marcarse  obxectivos intermedios. Así, os países industrializados deberían reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro entre un 25% e 40% en relación ós niveis de 1990 ata 2020 e alcanzar unha redución entre o 80% e 95% en 2050.

Na última noite do Cumio foi iniciado un acordo final entre EE.UU., China, Brasil, India e Sudáfrica. A delegación Indiana propón un tratado non vinculante sobre o modelo da Organización Mundial do Comercio, (cada país declarará as súas emisións). Despois de alcanzar o acordo, Barack Obama, informou á Unión Europea, que aceptou. O texto ten só tres páxinas, e inclúe de forma orientativa  a redución de emisións de cada país presentado na cume, as reduccións finais deben estar  o 1 de febreiro de 2010. Cada país emitirá as súas emisións á ONU.

O acordo mantén a meta de que o aumento da temperatura global non suba máis de dous graos centígrados. Sobre o tema de cando as emisións deberán ser reducidas só se di que “o máis axiña posible” e non se establecen obxectivos para o 2050. O tratado non  incluíu a recomendación do IPCC de que as emisións dos países desenvolvidos para 2020 debe ser reducida entre 25% e 40% por riba do nivel que tiñan en 1990.

 

 

Tags: , ,