A CLONACIÓN HUMANA

 

Ola!!!!

Hoxe presentovos un novo tema: a clonación humana.

O obxectivo da  investigación da clonación humana  nunca foi o de clonar persoas ou crear bebés de reserva. A investigación ten como obxectivo obter células nai para curar enfermidades.

A curación levaríase a cabo da seguinte maneira: imaxine que padece unha enfermidade que lle está destruíndo partes do seu cerebro lentamente. Os tratamentos actuais apenas reducen os síntomas mentres que a enfermidade continúa provocando lesións no seu cerebro. A clonación ofrécelle unha esperanza de cura.

Os científicos producirían un embrión clonado utilizando o ADN das súas células epidérmicas. A continuación, retirarían as células nai deste embrión, transformándoas en células cerebrais e por último as transplantarían ao seu cerebro.

A clonación é un modo diferente de utilizar células nai para curar determinadas enfermidades. Algunhas persoas prefiren esta forma de obter células nai. Ao final, un embrión clonado é unha copia xenética de alguén que xa está vivo e que deu o seu consentimento.

Nesta dirección encontraredes máis  información: http://www.bionetonline.org/Castellano/Content/sc_cont4.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Clonaci%C3%B3n

Aquí déixovos un esquema sobre como iría o proceso.

imagen

 

Tags: