Clonación

A clonación pode definirnse como o proceso polo que se conseguen copias indénticas dun organismo, célula ou molécula  xa desenvolvida, dunha forma asexual para poder obter copias totalmente idénticas.

Necesítase clonar as moléculas xa que nn se pode facer un órgano ou parte do clon se non se conta cas moléculas que forman ó ser; pártese dun animal xa desenvolvido.

(Se queres saber algo máis sobre clonacion pincha aquí)

Experimentos de Clonación: Ovella Dolly:

A ovella Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta(1996). A clonación foi levada a cabo por uns investigadores da Universidade de Edimburgo, en Escocia.

O proceso foi levado a cabo da seguinte maneira:

Das glándulas mamarias dunha ovella os científicos extraeron unha célula sómatica á cal  lle quitaron o seu núcleo, despois, a outra ovella, extraéronlle un ovocito ó cal lle eliminaron o seu núcleo. Por microinxeccións introduxeron o núcleo da célula somática no ovocito ennucleado. Con impulsos eléctricos activouse o ovocito para que comezara a súa división, tal e como fan os óvulos fertilizados nun proceso natural de reproducción. No sexto día, xa se terá formado un embrión: o cal foi implantado no útero dunha terceira ovella, que deu lugar ó nacemente da ovella Dolly tras un periodo normal de xestación, coa característica principal de ser exactamente igual á súa nai.

Poderíase dicir que Dolly é filla de tres nai,s a primeira, que sería a donante do núcleo e aportaría a Dolly a maior información xenética, a segunda, donante do ovocito que aportaría ADN mitocondrial e o citplasma, e unha terceira que non aportaría nada xeneticamente falando.

Finalmente, a ovella Dolly foi sacrificada por padecer unha enfermidade pulmonar incurable, pero o feito de ser o primeiro mamífero clonado causou moita expectación.


Máis sobre a clonación da Ovella Dolly

 

Tags: