TERREMOTO EN ITALIA

O pasado Luns 6 de abrl, as 3 e media da madrugada, produciuse en Italia un terremoto de magnitude 5.8 na escala de Richter. O epicentro detectouse a poucos kilómetros da cidade de L’Aquila, a uns 90 kilómetros de Roma, onde se chegou a sentir. Aproximadamente producíronse 280 víctimas e máis de 1.800 resultaron feridas. Aínda hai persoas desaparecidas na rexión de Abruzzo e máis de 70.000 quedaron sen fogar. Outro contratempo foron as constantes replicas sismicas que seguen a producirse nos días de rescate. Italia esta a vivir sen dubida unha semana tráxica e desastrosa producida polos efectos dos procesos xeolóxicos que ocorren na terra. Anteriomente ao terremoto, un cientifico alertou as autridades de que se podía producir este sismo pero tomárono por un alarmista.


 

Tags: , , , ,