O volcán LLAIMA
O volcán Llaima, localizado na rexión da Araucanía en Chile, aumentou a súa intensidade de erupción o pasado Domingo 5 de abril polo que as autoridades decidiron evacuar a decenas de persoas que residen no área. Unha columna de gases e cinzas de máis de 7.000 metros de altura e 100 quilómetros de extensión foron expulsados polo volcán, que volvera á actividade o venres pasado. Unhas 71 persoas foron evacuadas de Vilcún e Curacautín, localidades próximas ao Llaima.
O Llaima está situado a uns 700 quilómetros ao sur de Santiago de Chile e non está lonxe da fronteira con Arxentina.
O seu cráter é considerado un dos máis activos do país andino (onde existen máis de 2.000 volcanes) e é un dos tres máis activos de América do Sur.
A última erupción de importancia tivo lugar en 1994, aínda que non tivo a magnitude doutras rexistradas na década de 1950 que devastaron varios poboados da zona.