A biotecnoloxía


A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina.

 Segundo o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992, a biotecnoloxía defínese como toda aplicación tecnolóxica que use sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos para usos específicos.

O Protocolo de Cartaxena sobre Seguridade da Biotecoloxía do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica define a biotecnoloxía moderna como a aplicación de: técnicas in vitro de ácido nucleico; ou a fusión de células máis alá da familia taxonómica que superan a barreiras fisiolóxicas naturais da reprodución.

A clasificación das aplicacións da biotecnoloxía é:

- Biotecnoloxía vermella: aplícase á utilización de biotecnoloxía en procesos médicos. Un exemplo disto é o deseño de organismos para producir antibióticos.

- Biotecnoloxía branca: é aquela aplicada a procesos industriais. Un exemplo é a creación de novos materiais, como plásticos biodegradables ou a produción de biocombustibles. O seu obxectivo é a creación de materiais degradables, que consuman menos enerxía e que xeren menos desperdicios durante a súa produción.

- Biotecnoloxía verde: é a aplicada a procesos agrícolas. Un exemplo disto é o deseño de plantas transxénicas.

- Biotecnoloxía azul: é a biotecnoloxía aplicada en ambientes mariños. Aínda está nunha fase temperá de desenvolvemento.

Vantaxes da biotecnoloxía:

- Rendemento superior dos cultivos.

- Redución de pesticidas.

- Mellora na nutrición, xa que se poden introducir vitaminas e proteínas adicionais e reducir toxinas naturais.

- Mellora no desenvolvemento de novos materiais.

Riscos da biotecnoloxía:

- Pérdida da biodiversidade.

- Risco de transferir toxinas de unha forma de vida a outra, de crear novas toxinas ou de crear novas reaccións alérxicas.

- Tamén existe o risco de que bacterias ou virus modificados escapen dos laboratorios e infecten á poboación humana ou animal.

 

Tags: , , ,