La OMS confirma 8.451 casos de gripe A en 36 países

O balance da gripe porcina establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) é de 8.451 casos en 36 países. Esta nova cifra supón un salto de case un milleiro de contagios máis en comparación co día anterior.

O número de vítimas mortais aumentou venres de 65 a 72.

Os balances que realiza a OMS seguen crecendo de xeito espectacular na última semana, onde os Estados Unidos levan a carga máis pesada, seguido de Mexico, foco de orixe da nova gripe A (H1N1).

O luns foron 4.379 persoas en 29 países, cifra que aumentou case cada día un milleiro de casos ata alcanzar os 7.520 este venres día 15 e os 8.451 este sábado 16 de maio.

India informou dun primeiro caso de gripe A (H1N1). Trátase dun home que chegou de Nova York.

Tamén se confirmou un primeiro caso de gripe porcina en Turquía, un home que voou desde Estados Unidos a Turquía con escala en Amsterdam e xa presentaba síntomas da enfermidade á súa chegada ao aeroporto de Ataturk, onde tiña previsto coller un avión a Iraq, segundo o Ministerio de Sanidade.

Consellos:

A Secretaría de Saúde do Goberno de México publicou na súa web información práctica para a poboación en xeral e para os enfermos de gripe. O Ministerio de Sanidade español proporcionou tamén uns consellos prácticos para os viaxeiros nos que non se desaconsella a cancelación das viaxes a México e na que se dan algunhas pautas para quen regresan daquel país. Para ver os consellos prema aquí

Para quen regresan de países en risco, o Ministerio de Sanidade español indica o seguinte:

* Preste moita atención á súa saúde durante os 7 días seguintes á súa volta.
* Se neste tempo presenta febre, tose ou dificultade respiratoria, contacte telefonicamente co servizo de urxencia (112 ó 061) ou cos servizos ou autoridades sanitarias da súa Comunidade Autónoma.
* Nesa chamada informe da súa viaxe á zona afectada e a data de regreso.

No seguinte enlace poden obsrvar un mapa de como se desenrola a gripe porcina en todo o mundo. Para ver o mapa prema aquí

Información recollida da paxina da TVE 

Un cordial saudo

Álvaro Vilar Barreiro

 

Tags: , , ,