A ORIXE DAS ESPECIES

En 1831 Darwin integrouse á tripulación no barco Beagle nunha viaxe que durou 5 anos. Quedou moi impresionado polas especies que viu, e, sobre todo, polas pequeñas diferencias entre os paxaros das illas archipélago. A partir diso, deuse de conta de que esas diferencias podían estar conectadas polo feito de que cada especie vivía nun medio distinto.

Darwin entendiu que as variacións que hai entre os individuos da mesma especie fai que cada un deles teña capacidades distintas para adaptarse ó medioe transmitir os seus rasgos ós seus descendentes. Ó paso das xeracións, os rasgos que mellor se adaptaron vólvense máis común, mentres que os outros desaparecen. Darwin chamou a este proceso “descendencia con modificación”. Da mesma forma,a natureza selecciona as especies mellor adaptadas para sobrevivir nun proceso conocido como “selección natural”.

O pensamento de Darwin tamén estivo influenciado por Malthus, quen dixo que a poboación humana crecía de forma exponencial, mentres que os recursos o facían de forma aritmética. Isto provocaba una loita pola supervivencia.

Máis de 20 anos despois de comezar a elaborar as súas ideas sobre a evolución, Darwin publicou a súa teoría no libro “A orixe das especies” no 1859. A súa publicación provocou que os pensadores relixiosos se opuxeran a el porque botaba por terra a teoría creacionista e movía ó ser humano do centro da Creación.

Os principais argumentos dese libro eran:

1.      Os tipos biolóxocos ou especies non teñen una existencia fixa nin estática senon que se encontran en cambio constante.

2.      A vida manifestase como una loita constante pola supervivencia e a existencia.

3.      A loita pola supervivencia provoca que os organismos que menos se adaptan a un medio natural específico desaparezcan e permite que os mellores adaptados se reproduzan, a este proceso chámaselle “selección natural”.

4.      A selección natural, o desenvolvemento e a evolución requiren dun enorme periodo de tempo, tan largo que nunha vida humana non se poden apreciar estes fenómenos.

5.      As variacións xenéticas que  producen o incremento de probabilidade de supervivencia son provocadas polo azar e non son provocadas nin por Deus nin pola tendencia dos organismos a buscar a perfección.

Ademáis deste libro, Darwin escribiu dous máis: “Variacións en plantas e animais domesticados” (1868) e “A descendencia do home e a selección en relación ó sexo” (1871). 

 

 

Tags: , ,