Charles Darwin:A súa viaxe a bordo do BEAGLE
Todo empezou en decembro de 1831,cando Zarpou de Gran Bretaña o barco de recoñecemento H.M.S Beagle. Darwin viaxaba nel e foi nomeado naturalista aos 22 años de idade.
O barco estaba ao mando do capitán Robert Fitzroy, que acolleu a Darwin nel por recomendación do botánico John S. Henslow, que simpatizaba co xoven Charles. Durou cinco anos navegando por ambas costas de Sudamérica, Galápagos, Tahití, Nova Zelanda, Australia, Tasmania, isla de Keeling, Mauricio, Brasil e as Azores. Tratabase dunha expedición cartográfica que Darwin, aproveitou para descubrir un mundo novo, o tropical: maravillabase ante a sucesión de paisaxes, estudia as diferentes especies de animais e prantas na súa xeografía e observa a variedade de razas humanas.É difícil dicir cáles foron os datos mais importantes para Darwin. A súa argumentación toma nocións de tóda-las disciplinas científicas da época. Pero non cabe duda de que as súas observacións nas Islas Galápagos han desempeñado un papel importante na elaboración do seu modelo dos mecanismos de transformación das especies.
Sempre que lle era posible, desembarcaba para facer observacións e recoller exemplares, ditas observacións leváronlle a desenrolar a teoría da selección natural.
A viaxe rematou (despois de 5 anos) en 1836.
Aquí vos poño un video no que amosa as diversas cousas que veu Darwin no longo tempo que estivo no Beagle.
Espero que vos guste. Un saúdo.