As 45 Hipóteses da extinción dos dinosaurios

1. Vexetación e exceso de comida

Dado que: hacia fins do Mesozoico apareceron as plantas con flores. Hipótese: as novas plantas puideron ser deficitarias nalgún mineral respecto ás anteriores, polo tanto os dinosaurios herbívoros deberon inxerir cantidades excesivas de alimento, morrendo o exceso de comida.

2.Vulcanismo e alteracións dos ovos

Dado que: o selenio é un elemento moi velenoso para os embrions e unha pequena cantidade causa a morte dos polos de galiña, que en Dinamarca e Francia encontráronse altos niveis de selenio na casca dos ovos de saurópodos de fins do Cretáceo, e  dado que a cantidade de selenio aumenta nos ovos máis cercanos ó límite C/T, e os niños presentan maior porcentaxe de eclosións falidas. Hipótese: os dinosaurios herbívoros de fins do Cretáceo padeceron unha forte reducción das eclosións debido a inxerir grandes cantidades de vexetación impregnada con pó volcánico con selenio, producídose o derrame das cadeas alimentarias.

3. Envellecemento racial.

Dado que: os individuos nacen, crecen y morren, e os dinosaurios apareceron, tiveron a súa época de prosperidade, declinaron e extinguironse. Hipótese: a extinción dos dinosaurios ocorreu por un proceso de envellecemento natural, que produce caracteres extravagantes e inadaptativos.


 

Tags: , ,