O Cambio Climático e medidas para evitalo

Cambio Climático Chámaselle “cambio climático” á modificación do clima atribuida ou causada directa ou indirectamente polo ser humano e que altera a composición da atmosfera mundial e que se suma á variabilidade natural do clima observada  durante períodos de tempo comparables. Para evitar o aumento destes cambios leváronse a cabo unha serie de medidas como:  -          O Tratado de Kioto

O Tratado de Kioto é un acordo internacional que ten como obxectivo reducir as emisións de gases que causan o calentamento global, levado a cabo pola ONU dentro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) e asinado en 2002 pola Unión Europea, que ten como obxectivo que os países industrializados reduzan as súas emisións de CO2 nun 8% por debaixo do volume de 1990. O obxectivo principal é loitar contra os efectos do cambio climático. Segundo as cifras da ONU, prevese que a temperatura media da superficie do planeta aumentará entre 1,4 e 5,8 °C de aquí a 2100, malia que os invernos son máis fríos e violentos. Isto coñécese como quentamento global.  A redución das emisións deberá acontecer en varias atividades económicas. O protocolo estimula os países signatarios a cooperaren entre si, a través dalgunhas accións básicas:

  • Reformar os sectores de enerxía e transportes;
  • Promover o uso de fontes enerxéticas renovables;
  • Eliminar mecanismos financeiros e de mercado inapropriados aos fins da Convención;
  • Limitar as emisións de metano no xestionamento de residuos e dos sistemas enerxéticos;
  • Protexer as florestas e outros sumidouros de carbono 

 

 

imagen

           Lenda: ·        Verde: Países que asinaron o protocolo. ·        Amarelo: Países que asinaron, mais aínda non ratificaron o protocolo. ·        Vermello: Países que asinaron, pero a ratificación foi rexeitada. ·        Gris: Países que non asumiron ningunha posición no protocolo.   

-          A Cumbre de Copenhague  A Cumbre de Copenhague (A XV Conferencia Internacional sobre o Cambio Climático) Tivo lugar en Copenhague, Dinamarca desde o 7 o 18 de decembro de 2009, foi organizada pola CMNUCC (Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático), co fin de preparar futuros obxectivos que substitúan os do “Protocolo de Kioto” que remata en 2012. 

O obxectivo final (a longo prazo) é a redución mundial das emisións de CO2  en menos dun 50% en 2050 con respecto a 1990.


 

Tags: , , ,