Cambio Climático; causas e consecuencias

imagen        A finais do s.XX a humanidade atopouse ante un dos peores problemas que hoxe en día nos afectan, os problemas que acarrea o cambio climático. Milleiros de científicos de todo o mundo chegaron a mesma conclusión; o clima global verase alterado significativamente, no século XXI, como resultado do aumento da concentracion de gases invernadoiro como son o dióxido de carbono, o mentano, os óxidos nitrosos e os clorofluorocarbonos. Estes gases estan atrapando unha gran parte da radicación infrarroja da Terra o que provocará nun futuro non moi afastado que a temperatura do planeta aumente entre 1,5ºC e 4,5ºC, esto a súa vez provocará que cambien as cantidades e épocas de chuvias pero todo esto non se podía  concretar a nivel máis rexional. O cambio climático non só teria eses efectos se non que se prevía que afectara os ecosistemas, os recursos naturais e directament o ser humano ca expansión de enfermidades infecciosas, inundacións de cidades enteiras e colleitas. Estas conclusións levaron a unha reacción gobernamental mundial para frear ou solucionar na medida do posible a crise que o clima estaba a sufrir, asi surxiu o protocolo de kyoto.

QUE É O PROTOCOLO DE KYOTO?

Os gobernos mundiais acordaronimagen no ano 1997 o Protocolo de Kioto do Convenio Marco sobre o Cambio Climátido da ONU (organización de nacións unidas). Este acordo entrou en vigor 16 de febreiro do ano 2005, cando 55 nacións que conforman o 55% das emisións dos gases do efecto invernadoiro ratificaron o acordo, hoxe en día xa foi ratificado por 166 países.

O obxectivo do Protocolo de Kyoto é conseguir reducir un 5,2% as emisión de gases do efecto invernadoiro globais sobre os niveis do ano 1990 para o período do ano 2008 ao 2012. Este foi o primeiro mecanismo internacional para comezar a frear o cambio climático e reducir considerablemente os seus impactos. Os países os que engloba comprometeronse a reducir a súa emisión de gases en función das suas emisión no ano 1990 ou aumentalas emisión controladamente ata un porcentaxe permitido. Pero este non foi o único acordo para combatir o cambio climático se non que recentemen vense de intentar celebrar un tratado  en copenhague.

TRATADO DE COPENHAGUE: continuidade de Kyoto?

portada tratado copenhagueO Tratado Climático de Copenhague foi presentado polas principais Organizacións Non Gubernamentais (ONG) do mundo para seguir combatindo o cambio climático tras o protocolo de Kyoto. O documento é unha referencia para que os gobernos negocien un novo acordo que dea continuidade o protocolo de Kyoto,este documento consta de 160 páxinas e pretende ser unha gran referencia para un novo acordo climático conté unha parte xurídica que abarca todos os elementos necesarios para que sea xusto é un pouco mais respetado ca o anterior acordo sobre climas, o seu principal obxetivo é mostrar as pautas para evitar catástrofes e manter o aumento da temperatura terrestre por debaixo de 2ºC. Como é obvio establece un limite das emisións mundiais e pon limits a cada un dos países para a seguridade do planeta e da súa poboación de acordo, como non, coas súas posibilidades e responsabilidades.

A parte xurídica do tratado consta de 3 pates; o Protocolo de Kyoto actualizada para reforzar os compromisos dos países industrializados; un novo Protocolo de Copenhague que comprendería oblicacións para E.E.U.U ademáis de opcións para impulsar as economías baixas en carbono e nos países en desarrollo, co apoio dos países industrializados do mundo; e un conxunto de decisións que rexiran o combate co clima durante os 3 próximos anos.

Aquí mostro un vídeo coas futuras consecuencias do cambio climático se non somos capaces de frealo a tempo.


 

Tags: , , , , ,