¿Qué está facendo o Cambio Climático?

Fortes tormentas conxelan o Nadal en EUA e deixan polo menos 23 mortos

Cifras, nevadas, chuvias, inundacións, tornados: dous terzos de Estados Unidos aínda eran presa este venres dun clima resoltamente hostil, transformando en perigosos os desprazamentos e provocando a anulación de numerosos servizos relixiosos de Nadal.

Polo menos 23 mortes, a maioría en accidentes de tránsito, foron atribuídos ás poderosas tormentas que se desataron no centro de Estados Unidos dende o mércores. Varias autoestradas interestatais deberon pecharse e miles de automobilistas quedaron varados no frío, no momento do ano en que os estadounidenses tradicionalmente viaxan máis.

EUA sofre unha das peores tormentas de neve

Unha das peores tormentas de neve que sufriu Estados Unidos en décadas, que causou a morte de polo menos cinco persoas, está a avanzar este domingo cara ao norte, despois que partes da rexión do leste rexistrasen un récord de 61 centímetros de neve.

Ao seu paso, a tormenta estendeuse sobre unha superficie de 800 quilómetros nuns 12 estados, afectando a un cuarto da poboación de Estados Unidos.

As condicións extremas obrigaron ao peche de aeroportos e a suspensión de 1.200 voos, provocaron miles de accidentes de tránsito, deixaron sen enerxía eléctrica a rexión e obstaculizaron as compras de Nadal.

O domingo había preto de 61 centímetros de neve na zona de Baltimore-Washington.

61 cm de neve en Washington

A Cumbre de Copenhaguen naufraga nunha clausura decepcionante

As maratonianas sesións da Cumbre de Copenhaguen concluíron onte á noite cun rotundo fracaso. Houbo un principio de acordo, si, pero os seus contidos foron tan inconcretos que un puñado de países pobres aínda reflexionaba a altas horas da noite se había que asinalo.

As delegacións que pilotaran a negociación conformáronse cuns textos descafeinados que se terán que renegociar… no 2010.

Os insuficientes compromisos dos países ricos, fundamentalmente EUA, e a intransixencia dalgunhas potencias emerxentes resultaron irreconciliables. A partir de agora, todos os esforzos que se emprendan para deter o avance do cambio climático terán un carácter dramático porque o tempo se rematou. Para quedar ben, decidiuse que os países ricos anuncien antes do 1 de febreiro uns novos obxectivos de redución de emisións de CO2. Serán, non obstante, uns obxectivos non vinculantes.



O que vides de ler son novas recentes estreitamente relacionadas co tema ecolóxico por excelencia: O Cambio Climático.
Pero, que é eso do Cambio Climático?
Coñécese co nome de Cambio Climático ás modificacións a longo prazo da temperatura, as precipitacións, os ventos e todas os demais compoñentes do clima na Terra e tamén foi definido pola Convención das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático como “un cambio no clima, atribuíble directa ou indirectamente á actividade humana, que altera a composición da atmosfera mundial e que se suma” á variabilidade climática natural observada” “durante períodos de tempo comparables”.
Dende que se soubo da súa existencia leváronse a cabo numerosas accións, se non para eliminalo, para frealo e amortigualo na maior medida do posible. É o caso do Tratado de Kyoto.
.
O Tratado de Kyoto
.
O Tratado de Kyoto é un acordo internacional para diminuír as emisións de gases que causan o efecto invernadoiro e así deter o avance do cambio climático e o quentamento global da terra.
.
O acordo naceu en 1997, cando 38 países industrializados se reuniron na cidade xaponesa de Kioto e se comprometeron a reducir nun 5% as emisións dos seis gases do Efecto Invernadoiro entre 2008 e 2012 (con respecto aos niveis rexistrados en 1990). Isto non quere dicir que cada país tivese que reducir esa porcentaxe, senón que cada un é responsable dunha porción determinada desa redución en relación á súa actividade. EE.UU. negouse daquela a cumprir os estipulamentos.
.
Recentemente celebrouse a Cumbre de Copenhague cuxa meta é preparar futuros obxetivos para reemprazar aos do Protocolo de Kyoto que remata en 2012.

Acordo e desacordo

A Cumbre de Copenhague

A Cumbre de Copenhague está pensada para ser a última grande oportunidade que o mundo ten para decidir nun plan concreto e efectivo para reducir as emisións de carbono. É tamén unha incrible oportunidade para a humanidade e o planeta.

Os mínimos acordos da Cumbre da ONU sobre o cambio climático de Bali 2007 abriron o camiño cara á Cumbre de Copenhaguen de 2009.

Neste caso tódolos países avanzados accederon, aínda así, o cuestinamento por parte dos países en vías de desenvolvemento fixeron fracasar a convención.


 

Tags: , , , , ,

4 Respostas a “¿Qué está facendo o Cambio Climático?”

  1. Andrés Gómez Dixo:

    ¿Non se supoñía que eran 2-3 párrafos?

  2. Antonio Dixo:

    Si, cada apartado.

  3. Andrés Gómez Dixo:

    Pero non había que escoller un?

  4. Antonio Dixo:

    Non necesariamente, ou polo menos eso entendín…