Protocolo de Kyoto

Poderíamolo definir como un acordo cumbre internacional de 1997 e no ámbito das Nacións Unidas, para disminuír as emisións dos gases que provocan o efecto invernadoiro (CO2, metano,óxido nitroso y clorofluorocarbonos) e así intentar deter o avance do cambio climático e o quentamento global. Concretamente reducindo un 5,2% de media anual, as emisións globais  destes gases (o 80% provén do uso do petróleo, do carbón e do gas), sobre os niveis de 1990 entre o 2008 e o 2012. Consta de 28 artículos, establece mecanismos flexibles e foi elaborado e firmado por membros representativos de 39 gobernos  (actualmente está ratificado por 163 países) e cabe destacar que os obxectivos a cumplir son diferentes para cada país. Europa opta por o abandono do carbón como fonte de enerxía eléctrica, substituíndoo por enerxía nuclear e metano, ademáis do uso de enerxías renovables.

Está en vigor dede 2005, despois de ser ratificado por Rusia en 2004 e converterse en Lei Internacional (por alcanzar por fin entre os firmantes o 55% das emisións globais). É de destacar que grandes contaminantes como Estados Unidos e China, non firmaron o tratado; e que outros países que si o firmaron (España por exemplo) non o cumpriron nin o cumpren; non existe ningunha forma de control internacional sobre as emisións nacionais. Ademáis no protocolo de kyoto inclúese a posibilidade de comprar excedentes de CO2 a países que haxan reducido as súas emisións. Acordouse sancionar ós países firmantes que non cumpran o tratado. España comprometeuse a limitar nun 15% o crecemento das súas emisións e ocupa o posto nº 18 no ranking mundial nos países máis contaminantes e ten algo máis do 1% da contribución á contaminación total. É o país industrializado có maior incremento de contaminación, en 2007 superamos nun 37% do convenido o límite de emisións.

A postura de moitos científicos e ecoloxistas respecto ó cambio climático é que non hai quen o pare. Outros, como Al Gore (expresidente dos Estados Unidos) promoven a loita constante contra o cambio climático, desde o día a día do cidadán, con simples xestos; moita xente segue estas iniciativas e crea as súas webs e blogs. Outros aseguran que a ciencia do cambio climático non está probada, mentres que a economía do quentamento global si que está comprobada (como exportador de empleos). O que está claro é a relación entre o desenvolvemento industrial e polo tanto económico, cunha elevada contaminación; e a existencia de visibles consecuencias en todos os niveis de todo o planeta. Polo que de continuar con este ritmo, acabaremos destruíndonos.


Datos obtidos de: El país, Erenovable.com, tuverde.com, biblioweb.sindonimio.net, archivo.greenpeace.org,waste.ideal.es,

 

Tags: , , , ,