As enfermidades infecciosas

As enfermidades infecciosas son as causadas por microorganismos que son:  bacterias, fungos, protozoos, virus e por prions. no caso de axentes biolóxicos patóxenos de tamaño macroscópico, non se fala de infeción senon de ifestación (invasión dun organismo vivo por axentes parásitos externos ou internos).

Exemplos de microorganismos patóxenos e a enfermidade que causan.

1-Bacterias. Enfermidade: a brucelose transmitida polo axente bricela spp.

2-Virus. Enfermidade: Rabia transmitida polo axente Rhadovirus

3-Fungos. Enfermidade: cigomicose causada polo axente absidia corymbifera

4-Protozoos. Enfermidade: Malaria a enfermidade pode ser causada por unha ou varias das diferentes especies de plasmodium.

5-Prions. Enfermidade: Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob causada por prionsaparición e reaparición de enfermidades infecciosas

A tranmisión das enfermidades infecciosas: para que apareza unha enfermidade infecciosa o microorganismo patóxeno debe penetrar no noso corpo, isto pode ocorrer de duas formas.

As enfermidades infecciosas dividense en transmitibles ou non transmitibles.

Nas enfermidades non transmitibles o microorganismo non se contaxia dun individuo a outro, senon que require unhas circunstancias especiais para a sua transmision, nestes casos as persoas afectadas non transmiten a enfermidade.

Nas enfermidades transmisibles.

1-Por contacto directo: ou ben por contacto ca pel (enfermidades da pel) ou ben por gotiñas que se producen cos espirros (enfermidades do aparello respiratorio) ou senon pódense transmitir debido as relacións sexuais.

2-Por medio da auga: isto ocorre sobretodo se a auga está contaminada por feces de persoas ou animais.

3-Por medio dos alimentos: isto ocorre cando os alimentos manipulados estan contaminados con microorganismos patóxenos

4-Por medio dos animais: Aqueles animais capaces de tranmitir enfermidades denomínanse vectores, e ao estar en contacto con eles pódense “pegar” microorganismos patóxenos.

O desembolvemento das enfermidades infecciosas: Segue varias fases.

1-Infección: o microorganismo chega ao corpo penetra no seu interior e comeza a reproducirse

2-Período de incubación: Tempo que transcorre dende a incubación ata que aparecen os primeiros síntomas

3-Período agudo: a enfermidade maniféstase plenamente

4-Período de declive: os síntomas das enfermidades van cedendo grazas as medicinas

5-Convlecencia: o paciente recobra pouco a pouco as súas forzas ata que volve a estar san

Prevención das enfermidades infecciosas: a mellor prevención é tratar de evitar a súa transmisión adpotando certos hábitos que non fosen perxudicais para a nosa saúde.

Uns exemplos son:

1-Non beber auga de fontes ou regatos que poidan estar contaminados

2-Conservar e manipular os alimentos según as normas que aparezan nos envases

3-Quentar ben, e ferber a comida preparada

4-Lavar ben os alimentos antes de entrar en contacto con eles

5-lavar as mans sempre que manipulemos algo.

6-Nas relacións sexuais utilizar SEMPRE o preservativo.

A defensa contra as infeccións: Hay dous tipos de defensa.

1-Mecanismos inespecíficos de defensa: defendenos fronte calquera infección, estes son: a pel, as mucosas e a inflamación

2-Mecanismos espécificos de defensa: Van dirixidos contra microorganismos concretos que entren en contacto con nós, os máis importantes son os linfocitos (linfocitos T e linfocitos B) son células capaces de recoñecer calquer elemnto alleo ao noso corpo.

Tratamento das enfermidades infecciosas:

1-Tratamento contra enfermidades causadas polas bacterias. As infeccións bacterianas trátanse con antibióticos, unhas substancias que resultan tóxicas para as bacterias e inocuaas para as persoas nas doses que se empregan.

2-Tratamento contra enfermidades causadas por protozoos e fungos. Empréganse respectivamente antiprotozarios e funxicidas (fármacos).

3-Tratamento contra enfermidades causadas por virus. Son as máis difíciles de tratar posto que unha vez que o virus introdúcese na célula é difícil atacalos, os medicamentos utilizados chámanse antivirais, pero contra os virus descubriuse que a mellor forma de tratálos era prevenilos e grazas a isto apareceron as vacinas.

Investigacións en proceso das enfermidades infecciosas:

Aínda que nos países industrializados a mortalidade por enfermidade infecciosa diminuíu, nos países chamados subdesarrollados as infeccións seguen sendo a principal causa de mortalidade. Son múltiples os traballos que se realizan na actualidade no campo das infeccións, tanto en prevención, tratamento, causas, custos sociais e/ou económicos polo que nos centraremos na investigación levada a cabo sobre unha das maiores pandemias do último século, a díndrome da inmonudeficiencia adquirida (VIH).

Esta infección está causada por un virus que provoca a destrución progresiva do sistema inmune do individuo deixándoo sen defensas ante outras infeccións, cancro etc, podendo levar á morte. Dende 1981, cando detectouse o primeiro caso, foron infectadas 60 millóns de persoas e norto máis de 20 millón. Contáxase por contacto sangíneo e tamén a través do leite materno. A unión Europea deu o seu apoio a investigación sobre VIH e finanza investigacións relativas a intentar erradicalo, tanto en Europa como en países en vías de desenvolvemento. No sexto programa Marco de investigación e desenvolvemento (2002-2006), a investigación sobre a sida atópase á cabeza das prioridades da Unión Europea.

A procura dunha vacina, para evitar novos contaxios resultou infructuosa ata a actualidade, existen investigacións, como o AVIP-AIDS “vaccine integrated project”, un proxecto conxunto europeo-africano que persegue o desenvolvemento dunha vacina combinada que inclúa tanto xenes estruturais como reguladores do VIH, o que lle daría efectos preventivos e terepéuticos

Os primeiros ensaios voluntarios comezaron no 2006, outro proxecto é o “Muvapred”(Mucosal Vaccines for Poverty-Related Diseases) que busca a resposta inmune da mucosa au ser a principal vía de entrada do virus. Os ensaios comezaron a finais do 2005.

En canto au tratamento, aparece o “TRIOH”(Targeting Replication and Integration of HIV) ata a súa integración dende un enfoque multidisciplinar (biotecnoloxía, química e ciencia base). Podería ser de gran utilidade xa que se poderían paliar moitos efectos do virus e así mellorala calidade de moitas persoas.

aqui deixo un video que visualiza a prevención e o tratamento das enfermidades infecciosas nos hospitais e tamén deixo un link que completa a información xa dita aquí.

espero que vos interese.

http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/infectiousdiseases.html


 

Tags: , , , ,