Saude e enfermidade

Concepto de saúde e enfermidade:

  • Saúde: Conxunto de benestar fisico, mental e social.
  • Enfermidade: Alteración do estado de saúde, a perda transitoria ou permanente do benestar psíquico, social ou físico
  • A calidade de vida: A calidade de vida é o grao de benestar, felicidade e satisfacción que depende da súa saúde físico e mental e das súas relacións sociais e co seu medio.
  • Esperanza de vida: A esperanza de vida e a estimación media dos anos que se lle calcula a unha persona que pode chegar a vivir. A esperanza de vida depende e varía coa calidade de vida.

Os xenes, o estilo de vida e a saúde:

O estado de saúde dunha persoa é o resultado da interaccion de seu xenotipo e do ambiente.

1- Existen enfermidades xenéticas debido a alteracións no xenoma. O defecto xenético é a causa directa da enfermidade.

2- Noutros casos o xenotipo non determina directamente a presenza da enfermidade se non a predisposición a padecela. Por exemplo unha persona pode ter predisposición a padecer unha enfermidade cardivascular.

3- Un grupo de enfermidades relacionadas coas xenéticas son as enfermidades conxénitas. Son aquelas que se manifestan desde o nacemento, debidas a algún trastorno producido durante o desembolvemento embrionario o durante o parto. Destaca entre elas a Síndrome de Down.


 

Tags: , , ,

4 Respostas a “Saude e enfermidade”

  1. Antonio Fernandez Dixo:

    mui bo traaballo!!!!!ese aleti!!!!

  2. Laura Pereira Seijo Dixo:

    É un tema moi interesante Antía,esta ben feito,un saudo.

  3. Andrea Miramontes Castro Dixo:

    Moi ben elaborado Sayáns!!
    Gustame moito!!!
    :)

  4. Rubén Mata Dixo:

    ainda que non se ve a imaxe por ningunha parte…

    non está mal!

    ;);)