Selección artificial

               

Selección artificial

A selección artificial e unha técnica de control reprodutivo mediante a cal o home altera os xenes de organismos domésticos e cultivados. Esta técnica opera sobre características herdables das especies, aumentando a frecuencia con que aparecen certas variacións nas seguintes xeracións; produce unha evolución dirixida, na que as preferencias humanas determinan as características que permitan a supervivencia.Mediante este tipo de selección apareceron, por exemplo, todas as variedades de cans modernas, que están orientadas a tarefas específicas como a vixilancia e a compañía.As características dos produtos agrícolas tamén están determinadas en gran medida por efectos da selección artificial, proceso mediante o cal se lograron variedades vexetais que se poden aproveitar facilmente para usos alimenticios do ser humano, como e o caso do millo e do plátano, dos cales os froitos teñen un rendemento comestible po home maior que as variedades silvestres das que proceden.  Déixovos cun vídeo no que  Carl Sagan explica a selección natural e artificial

 

Tags: ,