O nacemento dun xenio

Posiblemente debamos o nacemento da bioloxía moderna ao traballo de Charles Darwin, e este non puidera ser capaz de desenvolver a súa tese se non fora pola viaxe realizada polo naturalista ao bordo do Beagle.Despois de acabar os seus estudos é recomendado para un posto de naturalista sen paga no buque inglés de investigación HMS Beagle, que tiña previsto dar a volta ao mundo. Darwin contaba con 22 anos.Estre feito dálle a oportunidade de observar as formacións xeolóxicas así como unha ampla variedade de fósiles e organismos vivos. Darwin asombrábase co efecto que as forzas naturais tiveron na forma da superficie da terra. El deuse conta de que as súas observacións coincidían coas teorías de Sir Charles Lyell.Sen embargo, máis alá diso, deuse conta de que algunhas das súas propias observacións de fósiles e plantas e animais encaixaban sen dúbida na teoría de Lyell que as especies foron especialmente creadas. Notou por exemplo, que certos fósiles de especies supostamente extintas recordaban estreitamente especies viventes na mesma área xeolóxica. Nas illas Galápagos, fronte á costa de Ecuador, tamén observou que cada illa mantiña a súa propia forma de tartaruga de terra, sinsonte, e finzón; as diversas formas estiveron relacionadas estreitamente pero diferían na estrutura e hábitos de comer de illa a illa. Darwin concluíu que estas especies non apareceran nese lugar senón que migraran ás Galápagos procedentes do continente. Darwin non se deu conta nese momento que os pinzóns das diferentes illas do arquipélago pertencían a especies distintas. Ambas observacións orixinaron a pregunta, para Darwin, de posibles enlaces entre especies distintas pero similares.Este interrogante daría como resposta a teoría de evolución, que chocaba coa teoría predominate na época, a teoría da catástrofe, principalmente fixista, aínda sostidas por Hans-Joachim Zillmer.Para máis información sobre Darwin picar neste enlace, boa e didáctica páxina.

 

Tags: , , , , ,