Observan por primeira vez en tempo real a ruptura de duas placas tectónicas

Un equipo internacional de xeofísicos conseguiu medir por primeira vez en tempo real e en terra firme un evento xeolóxico, denominado efecto dique, que provoca a separación de placas tectónicas e, en último extremo, a partición dos continentes que foi configurando a paisaxe da Terra.

    Dirixido polo profesor da Universidade de Purdue Eric Calais, este equipo foi capaz de medir os desprazamentos do chan en dúas placas tectónicas en África que se moven en direccións opostas, presionadas por un fluxo de rocas fundidas en dirección á superficie. O resultado foi o primeiro «evento dique» na cortiza terrestre rexistrado en tempo real. O fenómeno deixou unha parede de magma de 9,6 km de longo e un metro e medio de ancho a modo de cuña entre as dúas placas. Estos «eventos dique» foran rexistrados na delgada cortiza do fondo oceánico, pero nunca foran observados directamente en áreas onde a cortiza é máis grosa, explicou Calais.

     A existencia destes eventos proporciona un elemento clave para comprender como a cortiza terrestre emerxida, ou litósfera, rompe en pedazos e móvese.

     Estas forzas que presionan aos continentes non son, de seu, tan poderosas como para rompelos. Con todo, unha sucesión de eventos dique pode chegar a debilitar a litósfera, permitindo que finalmente as placas cheguen a fracturarse. Calais e os seus colaboradores gravaron este evento no Lago Natron, ao norte de Tanzania, durante o verán de 2007.

FONTE: ABC

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Observan por primeira vez en tempo real a ruptura de duas placas tectónicas”

  1. eva fernandez Dixo:

    Que grande eres!!

    Un cordial saúdo!