Unha raiola de esperanza

Encontrámonos, ecoloxicamente falando, nun momento máis que complexo e complicado. Dende o s.XIX vense dando no planeta un aumento da temperatura media provocada, maioritariamente, polos gases do chamado efecto invernadoiro. Pese os grandes intentos a escala mundial para frear este fenómeno, de momento, todo foi inútil. Os países que máis contaminan non están dispostos a deixar de producir ou ben, non teñen medios económicos para facer fronte a un desenvolvemento sostible.

Pero non se debe perder a fe, xa que a humanidade ten certo costume a superar atrancos que poñen en perigo á Terra, como foi o caso do buraco na capa de ozono.Cara o 1980 empezáronse a ter indicios de que había una gran rexión da estratosfera, situada sobre a Antártida na que o grosor da capa de ozono se reducira á metade. Despois de moitas investigacións chegouse á conclusión de que os principais culpables deste fenómeno eran os CFCs (Cloruro flúor carburos), usados principalmente como gases refrixeradores e propelentes. Estes, ao entrar nas capas altas da atmosfera sofren un cambio, debido a temperatura, rompéndose a molécula e deixando libres moléculas de Cl2 reactivas, que ao entrar en contacto co ozono crean óxido de cloro e oxíxeno, interrompendo deste xeito o ciclo O3-O2, deixando vía libre aos raios UVAs.

En pouco tempo, o ‘’buraco’’ ameazaba con acabar rapidamente co planeta. A xente concienciouse da gravidade do asunto e púxose en marcha unha mobilización a nivel mundial para intentar frear o consumo de CFCs, conseguindo que o consumo destes fose reducido considerablemente, que as empresas deixaran de incluír os CFCs nos seus productos, etc.Isto non fixo que o grosor da capa aumentase milagrosamente, mais si que fixo que non se seguise reducindo..Coma estes hai máis exemplos (a redución do uso do DDT tamén foi outro logro), o cal reforza a idea de que se a xente se concienciase se podería acabar cos problemas ambientais, que fan tremer aos expertos. A solución parte de nós mesmo.

 

Medidas ambientais tomadas pola UE

 

Tags: , , , ,