O NOSO PLANETA: A TERRA - Ficha 5 Cuestións

1.   O artigo fai referencia ao único lugar do planeta onde pode observarse un continente quebrando en terra firme. Localiza na Internet algunha imaxe dese feito que se comenta.

imagen

2.   Os científicos seguen hoxe en día debatendo acerca da natureza das placas tectónicas. Explica brevemente, ao fío dos exemplos que sinalan, a que poden referirse ao consideralas duras ou brandas. 

No caso de seren duras, as placas actúan como materiais ríxidos que ao colisionaren parten en anacos producindo fracturas na terra. Se son brandas forman unha masa de terra deformable e derivan en grandes sistemas montañosos. 

 3.   Tamén fai mención a certos feitos que na actualidade seguen sen explicar a teoría da tectónica de placas. Achega unha reflexión acerca desa realidade, en relación xon límites da ciencia e coa súa evolución dinámica.

Está claro que unha teoría con erros nos se pode considerar irrefutable, polo tanto, ou está incompleta ou é incorrecta. O seu estudo debe basarse nas hipóteses máis apropiadas para levar a cabo un experimento que permita a súa afirmación ou negación. En ocasións estes experimentos non se poden realizar por falta de medios, nestas situacións debe de ampliarse o estudo das hipóteses e a busca de datos relacionados ata dar coa maneira de comprobalas.

 

 

Tags: , ,