A EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS

Existen 45 hipóteses que poden explicar por qué se estinguiron os dinosaurios, desas 45, as 3 que me parecen máis probables son:

 1. CAMBIO CLIMÁTICO.

 Un grupo de xeoquímicos e paleontólogos estudiou que os últimos ovos que se atoparon tiñan unha delgadeza anormal e que os ovos tiñan anomalias, eran infertiles ou tiñan embrións mortos, e que moitos ovos apareceron estratificados, o cal demostra interrupcions na elaboración da casca, este tipo de anormalidades nos ovos crese que foi producida polo cambio climático.

 2. GLACIACIÓN OU ENFRIAMENTO DO CLIMA.

Certa sucesión de faunas fósiles demostraron que pola época da extinción comezouse a distinguir o verán e o inverno e comezou a desaparecer o clima cálido, polo tanto crese que o enfriamento provocou un cambio nas vexetacións das cales se alimentaban os dinosaurios, polo tanto levou a unha pérdida de climas adecuados. 

3. EFECTO INVERNADOIRO.

A finais do Cretáceo, produxose unha grande actividade volvánica que liberou enormes cantidades de anhídrido carbónico, polo tanto crese que por culpa do anhídrido carbónico e do metano que había na terra os dinosaurios desapareceron polo Efecto Inveradorio. Pola contra, estas 3 hipóteses parécenme inverosímiles:

 1.CEGUEIRA DOS DINOSAURIOS.

 Non morreron por quedar cegos, xa que, e moi improbable que se cegaran, e, se así fora, poderíanse reproducir igual por instinto e polos outros sentidos que teñen como o olfato.

 2. EXCESO DE VEXETACIÓN.

Non se extinguiron por iso, xa que inda que medraran novas plantas velenosas non todos os dinosaurios do planeta comerían xusto esas planta.

 3. AUMENTO DA GRAVIDADE.

Inda que a gravidade aumentase, estes animais non terían ningún problema, xa que inda que foran moi lentos eran tremendamente fortes, o cal lle aseguraría a supervivencia ante os animais que os atacasen.

 

Tags:

Unha resposta a “A EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS”

  1. Diego L Dixo:

    Moi boas,
    Presentas un traballo moi válido, Román. Pero ponlle algunha foto ou video e dalle alegría hombree!!!.

    Un saúdo.

    DiegoL.