Hipóteses sobre a extinción dos dinosauros.

Son varias as hipóteses que intentan explicar a extinción dos dinosauros e ente elas hai algunhas máis probables que outras.

As hipótesis que lin e me pareceron máis inverosímiles foron:

-          Vexetación e exceso de comida: esta afirmación sostén que coa aparición das plantas con flores os dinosauros herbívoros inxeriron cantidades excesivas de alimento, morrendo polo exceso de comida. Na miña opinión é difícil que este fose o motivo real.

-           Suposto surximento da lúa: esta hipótese baséase en que a finais do Cretáceo se formou a lúa, producindo grandes alteracións planetarias e levando á extinción dos dinosauros. Na miña opinión outra idea errónea xa que a lúa existía 330 millóns de anos antes da desaparición dos dinosauros.

-           Eirugas depredadoras: esta hipótese sostén que a causa da extinción dos dinosauros foi que se produxo unha superpoboacón de eirugas  que devoraron a vexetación e deixaron ós dinosauros herbívoros sen alimentos. Esta hipótese esixe moita imaxinación, ademais se fose certo tería que haber restos fósiles destas eirugas e na realidade son moi escasos e apareceron moito despois.

Entre as hipótesis máis verosímiles que atopei están:

-          Actividade solar intensa:  sostén que un incremento inusual da actividade solar puido provocar a morte ou esterilidade de diversos organismos terrestres.

-          Vulcanismo luar: defende que a finais do Cretáceo a actividade volcánica na lúa enviou á Terra unha choiva de estas partículas, que ó penetrar na atmosfera terrestre bloquearon a luz solar provocando un enfriamento global, o cal rematou cos dinosauros.

-          Impacto dun meteorito: baséase en que un meteorito duns 10 km de diámetro impactou sobre a Terra hai 65 millóns de anos provocando un “inverno nuclear”. Provocou incendios, fortes ventos, choivas torrenciais, furacáns, terremotos… Despois ascendeu unha densa nube (formada por vapor de auga, gases, polvo, elementos metálicos…) que envolveu o planeta e impediu o paso dos raios de solares, polo que a temperatura baixou. Conxeláronse varios lagos e moitas especies desapareceron (entre elas os dinosauros).

imagen

 

 

-         

-       

 

Tags: , ,