hipóteses sobre a extinción dos dinosaurios

As hipóteses máis inverosímiles:

1. Sobrepoboación e suicidio

Hipótese: A sobrepoboación de dinosaurios induciunos a desarrollar factores psicóticos que os levaron a suicidios colectivos,
como ocorre actualmente cos lemmings ou con algúns cetáceos.
Obxeccións: Sen xustificación seria.

2. Eirugas Depredadoras

Hipótese: as eirugas deberon expandirse de forma espectacular a finais do período Cretáceo. Produxose unha superpoboación de eirugas que devorou a vexetación e deixou ós dinosaurios herbívoros sen alimento.
os dinosaurios carnívoros tamén desaparecerían, ó non ter herbbívoros cos que alimentarse.Obxecións: hipótese sen fundamento.
que as eirugas causen a defoliación de toda a vexetación esixe demasiada imaxinación, e se os lepidópteros eran tan abundantes atoparíanse moitos dos seus restos fosilizados, aínda que en realidade son muy escasos e comezan a aparecer moito despois.

3. Radiacións e cegueira

Hipótese: debido ó quencemento gradual da Terra e ó exceso de radiacións ultravioleta, os dinosaurios quedaron cegos e morreron sen poder reproducirse.
Obxecións: non hay fundamentos serios.

As hipóteses máis rigurosas:

1. Parasitos e epidemias

Hipótese: ó formarse novas rutas terrestres para as migracións de manadas de dinosaurios, entraron en contacto poboacións
que se transmitiron parasitos e microorganismos, os que lles produciron a morte.
Esta hipótese basase na extinción de algúns pobos humanos mediante epidemias tras o encontro con outros grupos e
a transmisión de algunhas emfermidades na fauna silvestre.

2. Redución de habitats

Hipótese: as grandes manadas de hervíboros seríalles cada vez máis dificil sobrevivir separadas entre si e competindo
por áreas territoriales menores. ó reducirse os tamaños das súas manadas e quedar aislados serían expostos a factores nocivos,
como a consanguineidade e a eliminación por epidemias de xérmenes infecciosos.
O declive de hervívoros afectou a carnívoros.

3. Impacto dun meteorito

Hipótese: un meteorito de uns 10 Km. de diámetro impactou sobre a terra fai 65 millóns de anos a unha velocidade de 25 Km/seg.,
provocando un “inverno nuclear”.
Primeiro os restos incandescentes caídos sobre os montes e pastizais provocaron incendios que abarcaron máis do 70% dos
continentes, interrumpiron a fotosítese e reduciron prácticamente a cero o índice de osíxeno, seguiron fortes ventos,
choivas torrenciais, huracanes e terremotos.
Despóis ascendeu unha densa nube formada por unha mestura de vapor de auga, gases liberados, pó, residuos rocosos e
elementos metálicos, cuyos compoñentes volátiles envolveron ó planeta nunha xigantesca nube impenetrableque se extendeu por
toda a estratosfera, impedindo o paso dos raios solares e producindo así unha brusca baixada de temperatura.
A nube poido manterse durante meses ou anos, producindo a morte da vexetación, seguida polos herbívoros e os carnívos.
Esta é a hipótese máis aceptada hoxe en día.

extinción dos dinosaurios

 

Tags: ,