A extinción dos dinosaurios

  Colisión dun meteorito

É a teoría máis aceptada na actualidade. As investigacións din que a estrutura de impacto data do Cretáceo hai uns 65 millóns de anos no sur de México, o coñecido como cráter de Chicxulub, na península de Yucatán e o seu tamaño era duns 10km de diámetro, posiblemente unha fracción de outro maior chamado Baptistina, que ao impactar creou un cráter de 180 km de diámetro. O impacto provocou unha catástrofe ambiental: prodúxose un tsunami xigante que se dirixiu en tódalas direccións e a emisión de po e partículas que causou cambios ambientais na superficie quedando cuberta por unha nube de pó ata se produciren  cambios de temperatura que eliminaron as especies que necesitaban máis alimentos e unha temperatura máis estable.

Redución de hábitats

Esta hipótese expón que a finais do Mesozoico o clima volveuse máis húmido, produxéronse maior cantidade de pantanos e ríos que dividiron as antigasgrandes extensións con pasto. As grandes manadas de herbívoros seríalles cada vez máis difícil sobrevivir separadas entre sí e competindo por áreas territoriais menores. Ao reducirse o tamaño das súas manadas e quedar aislados quedarían expostos a factores nocivos, como a consanguinidade e a eliminación por epidemias de xérmenes infecciosos. O declive dos herbívoros afectou aos carnívoros e carroñeiros. Esta teoría non é moi verosímil, xa que é difícil que estes cambios se produxeran a nivel planetario e non explica a extinción das especies acuáticas.

Cambios climáticos

A finais do periodo do Cretácico non existían os casquetes polares, estimándose que os niveis do mar eran de 100 a 250 metros máis altos que os actuais. A temperatura do planeta era de 25 grados entre os rexistros polares e os do Ecuador, a temperatura atmosférica tamén era moito máis elevada e os polos eran 50 ºC máis quentes que hoxe en día. Polo que a composición química da atmasfera durante a era dos dinosaurios era distinta á actual. Os niveis de CO2 tiñan unha concentración 12 veces maior, e o osíxeno formaba do 32 ao 35% da atmosfera, comparado có 21% actual. Sen embargo, durante o Cretácico tardío, o ambiente experimentou un cambio radical. A actividade volcánica diminuiu gradualmente, o que levou a un ciclo de enfriamento e fixo que os niveis de CO2 atmosférico comezaran a caer. A concentración de osíxeno tamén comezaron a diminuir. Algúns científicos supoñen que o cambio do clima combinado con niveis de osíxeno inferiores aos presentes  puido ter levado diretamente á desaparición de moitas especies. Se os dinosaurios tiveron sistema respiratorio parecidos a aqueles encontrados nás aves modernas, puido serlles bastante difícil o desenvolverse con niveis de oxidante rapidamente en descenso, tendo en conta o seu gran tamaño.

 

Tags: ,