A cuarta gran extinción

Tras moitos debates, os paleontólogos  chegaron á conclusión de que, ben por causas debidas ó propio planeta ou otras axenas a el, a Terra sufriu, desde que existe vida nela (e debido a iso), cinco extincións masivas, algunha das cales provocou a desaparición do 75% das especies vivas do momento. Estas grandes catástrofes deron lugar sempre á aparición de novas especies producíndose así un proceso de renovación. Unha destas extincións masivas ocorreu a principios da Era Terciaria, fai 65 millóns de anos, cando as selvas tropicais crecían próximas ós polos; provocou a desaparición dos dinosaurios despois de 165 millóns de anos da súa estancia na Terra.

imagen

 

 

 

Estas son (según a miña opinión) as hipóteses máis coherentes:

  1.  Grandes erupcións volcánicas:Coincidindo con esta época producíronse na meseta do Decatán unha serie de erupcións volcánicas, debidas a un gran rift, e que verteron unha cantidade de iridio descomunal (similar a que podería introducir un meteorito, pero cíclicamente e non repentinamente). Estas erupcións a gran escala tiveron unha serie de consecuencias (como a destrucción da capa de hozono e o quentamento da superficie terrestre) que explican a extinción de todas estas especies e a supervivencia dos mamíferos e das aves. Está demostrado que tras erupcións volcánicas proliferan os fentos, e tras esta época existíu un breve dominio dos fentos.
  2. Impacto dun meteorito: O impacto na península do Yucatán dun meorito duns 10Km de diámetro provocou tsunamis simultáneos e o recobremento da atmosfera do polvo producido no choque. Este polvo impedíu o paso da luz do Sol, que provocou a morte da maioría das plantas por conxelación e por non poder realizar a fotosíntese. Ó ser a base da cadea trófica, a súa desaparición deu lugar á morte da maioría das especies, sobre todo as de maior tamaño e de sangue fría.
  3. Enfriamento do clima ou glacicación: Debido á deriba continal cambiaron as mareas e a circulación dos ventos, o que provocou a desaparición do clima cálido. Como os dinosaurios ean de sangue fría e non tiñan plumas necesitaban unha temperatura do medio mayor, tamén afectou ás plantas (está demostrado que nesa época a gran parte morreu por conxelación) e despois ó resto da cadea. O frío podeu afectar ós ovos ou matar ás crías.Tal vez o descenso de temperaturas houbese sido menos intenso, pero convinado con outros factores puido provocar gran desaparición de especies.

Este vídeo ilustra a combinación das 2 primeiras hipóteses:


 

 

 

Estas son (según eu) as hipóteses menos coherentes:

  1. Aumento da forza de atracción gravitatoria terrestre:Debido a un aumento repentino da masa terrestre, produciuse un incremento da forza da gravidade, e os dinosaurios non o soportaron porque tiñan gran masa corporal. A masa daTerra é de 5,9736×1024KG, para provocar un aumento da súa forza de atracción  algo notable necesitaríase aumentar a masa en miles de millóns de toneladas. Ademais non todos os dinosaurios eran xigantescos, algúns eran do tamaño de cans.
  2. Suposto orixen da Lúa: A aparición da Lúa produciu relevantes cambios a nivel planetario, entre eles a extinción dos dinosaurios. Está demostrado que a Lúa existía como mínimo 330 millóns de anos antes que a extinción dos dinosaurios. A teoría actual determina que a Lúa pareceu fai miles de millóns de anos, pouco despois da  formación da Terra e cando nen sequera existía a vida nela.
  3. Envexecimento racial: Fai uns noventa anos comezou aplicouse ós dinosauriosa idea de que existía un proceso de envexecemento e que se producía caracteres  incompatibles en toda especie despois de millóns de anos. Ó poseer estes caracteres o individuo morrería. Actualmente ningún paleontólogo apoia esta hipótese debido á súa falta de lóxica e probas empíricas.
 

Tags: , ,