Acordo do cume de Copenhague

No cume sobre o cambio climático que se celebrou en Copenhague  do 7 ó 18 de decembro do 2009 acadouse o seguinte acordo.

O texto que contén o acordo ten só tres páxinas e inclúe de forma orientativa a redución de emisións que cada país presentou no cume; as reducións definitivas deben estar o 1 de febreiro do 2010. O pacto non inclúe a verificación de emisións que rexeitaba China.
A transparencia limitarase a un sistema “internacional de análisis e consultas” por definir, establecendose que cada país comunicará as súas emisións á ONU respetándose a soberanía nacional. As reducións de emisións que se fagan con diñeiro internacional si estarán suxeitas a un completo sistema de comprobación.

O acordo mantén o obxetivo de que a temperatura global non suba máis de 2 graos centígrados. Sobre cando as emisións deberán alcanzar o seu máximo só din que “o antes posible” e non se establecen obxetivos para 2050. Tampouco se incluíu a recomendación do IPPC de que as emisións dos países desarrollados deberían reducirse para o 2020 entre un 25% e un 40% sobre o nivel que tiñan en 1990.

O pacto acadado non será oficial pois a Convención de Cambio Climático funciona por consenso e a oposición dun solo país impide a adopción do acordo. O portavoz do G77, o sudanés Lumumba Lumumba Stanislaus Diaping, mostrou a súa indignación: “Un acordo que aumente a temperatura dous graos centígrados supón que en África subirá 3,5 e destruirá as nosas economías e o noso pobo”.

 

Tags: ,