O cambio climático

Introducción

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

O termo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quentamento global. O UNFCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas. Ó producido por causas naturais denominano variabilidade climática. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico.

As causas dos cambios climáticos

O clima é unha media, a unha escala de tempo dada, do tempo atmosférico. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos; consecuentemente, cambios nestes fenómenos provocan cambios climáticos. Un cambio na emisión do Sol, na composición da atmosfera, na disposición dos continentes, nas correntes mariñas ou na órbita da Terra pode modificar a distribución de enerxía e o balance radiativo terrestre, alterando así profundamente o clima planetario. Estas influencias pódense clasificar en externas e internas á Terra. As externas tamén reciben o nome de forzamentos dado que normalmente actúan de forma sistemática sobre o clima, inda que tamén os hai aleatorios como é o caso dos impactos de meteoritos. A influencia humana sobre o clima en moitos casos considérase forzamento externo xa que a súa influencia é máis sistemática ca caótica, pero tamén é certo que o homo sapiens pertence á propia biosfera terrestre podéndose considerar tamén como internas segundo o criterio que se use. Nas causas internas encontramos unha maioría de factores non sistemáticos ou caóticos. É neste grupo onde se encontran os factores amplificadores e moderadores que actúan en resposta ós cambios introducindo unha variable máis ó problema xa que non só hai que ter en conta os factores que actúan senón tamén as respostas que ditas modificacións poden supor. Por todo iso ó clima é considerado un sistema complexo en toda regra. Segundo qué tipo de factores dominen a variación do clima será sistemática ou caótica. Disto depende a escala de tempo e que se observe a variación xa que poden quedar patróns regulares de baixa frecuencia ocultos en variacións caóticas de alta frecuencia e viceversa.

Influencias do cambio clímatico

Influencias externas:

-Variacións solares: A temperatura media da Terra depende, en gran medida, do fluxo de radiación solar que recibe. Así a todo, debido a que ese aporte de enerxía case non varía no tempo, non se considera que sexa unha contribución importante para a variabilidade climática.

-Variacións orbitais: Se ben a luminosidade solar mantense practicamente constante ó longo de millóns de anos, non ocorre o mesmo coa órbita terrestre. Esta oscila periodicamente, facendo que a cantidade media de radiación que recibe cada hemisferio flutúe ó longo do tempo, e estas variacións provocan as pulsacións glaciares a modo de veráns e invernos de longo período.

- Impactos de meteoritos:  En raras ocasiones ocorren eventos de tipo catastrófico que cambian a face da Terra para sempre. O último de tales acontecementos catastróficos sucedeu fai 65 millóns de años. Trátase dos impactos de meteoritos de gran tamaño. É indubidable que tales fenómenos poden provocar un efecto devastador sobre o clima ó liberar grandes cantidades de CO2, po e cinzas á atmosfera debido á queima de grandes extensións boscosas.

Infliuecias internas :

-A deriva continental: A Terra sufriu moitos cambios dende a súa orixe fai 4.600 millóns de anos. Fai 225 millóns tódolos continentes estaban unidos, formando Panxea, e había un océano universal chamado Panthalassa. Esta disposición favoreceu o aumento das correntes oceánicas e provocou que a diferencia de temperatura entre o Ecuador e o Polo fose moitísimo menor ca na actualidade.

-A composicion atmosferica: A atmosfera primitiva, cuxa composición era parecida á nebulosa inicial, perdeu os seus elementos volátiles H2 e He, nun proceso chamado desgasificación, e os substituíu polos gases procedentes das emisións volcánicas do planeta, especialmente CO2, dando lugar a unha atmosfera de segunda xeración. En ditas atmosfera son importantes os efectos dos gases de invernadoiro emitidos de forma natural en volcáns e somidoiros termais

-Os efectos antropoxenicos: O home é o último dos axentes climáticos de importancia, incorporándose á lista fai relativamente pouco tempo. A súa influencia comezou coa deforestación de bosques para convertelos en terras de cultivo e pastoreo, e chegou á emisión abundante de gases que producen un efecto invernadoiro: CO2 en fábricas e medios de transporte e metano en granxas de gandería intensiva e arrozais.

Agora deixovos uns link’s onde atoparedes mais información sobre o tema.

-Wikipedia

-Cambio-climatico

-Cambio climatico global

Unha imaxen que mostra o cambio clímatico.

imagen

E para rematar un video de Al Gore explicando todo o relacionado co cambio clímatico.


 

Tags: , , ,