PROBAS BIOLÓXICAS


    As probas biolóxicas son adaptacións dunha única anatomía. Dentro destas probas distínguense: órganos homólogos, análogos e vestixiais.

Os órganos homólogos son aqueles que teñen a mesma estrutura interna, a mesma orixe evolutiva (procenden dun antepasado común: evolución diverxente) e distinta función. Un exemplo destes órganos son as extremidades dun morcego, unha balea ou do ser humano.

Os órganos análogos son os aqueles que teñen distinta estrutura e a mesma función. Un exemplo destes órganos son as ás dunha mosca e dunha pomba. Estes dous animais proveñen de antepasados moi distintos e o seu parecido débese a que os dous se adaptaron a voar e para eso desarrollan ás no seu proceso evolutivo. A esto chámaselle evolución converxente.

Os órganos vestixiais son partes do corpo que non teñen utilidadade na especie actual. Algúns exemplos destes órganos son o cóccix, o apéndice (o cal era útil para dixerir a comida), a pel de galiña (que é apreciable cando temos frío, e no pasado o seu propósito era levantar o pelo corporal para aparentar un  mayor tamaño e amedrentar ós inimigos), a moa do xuízo (empregábase para dixerir a comida) ou o tubérculo de Darwin (engrosamento do borde da orella).

 

Tags: , , , , ,