PANSPERMIA

A panspermia é a hipotesis que defende que a vida no planeta se produciu a partir da chegada de bacterias que proviñan do universo.

Svante August Arrhenius usou a palabra panspermia para explicar o comezo da vida na terra e despois esta tesis foi apoiada polo astrónomo Fred Hoyle. Svante August Arrhenius planteou que a radiación luminosa das estrelas capturaba gérmenes e os impulsaba a viaxar pola espacio. Esta é a teoría da chamada radiopanspermia e que despois foi abandonada por Paul Becquerel que dixo que os supostos gérmenes non aguantarían as radiacións ultravioletas, as altas temperaturas e o vacío casi absoluto. Hai outro modelo, o da litopanspermia, según o  cal as bacterias viaxan protexidas en meteoritos e que chegaron á terra dende o seu lugar de orixen. Esto foi apoiado por Fred Hoyle e Chandra Wickramasinghe.

Un pro para esta teoría é que as bacterias poden sobrevivir largos períodos de tempo incluso no espacio exterior. Pero tamén hai contras como que as bacterias non sobreviven a moi altas temperaturas e que tampouco sobrevivirían a un impacto contra a terra pero esto non é de todo convincente porque descubríronse bacterias (extremófilas) que resisten radiación, temperatura e presión extremas e esto fai sospeitar que a vida pode chegar a adquirir formas insospeitadamente resistentes.

Outra teoría é a de James Watson e Francis Crick que protexen que a vida puido chegar a bordo dunha nave espacial extraterrestre. Esta hipótese sería a da panspermia dirixida e esta queda como unha mera especulaión.


 

Tags: , , ,