Tratamento de enfermedades: CIRUXÍA

Denomínase ciruxía á práctica que implica manipulación mecánica das estructuras anatómicas cun fin médico, ben sexa diagnóstico, terapéutico ou pronóstico.

O termo ciruxía é moi amplo. Podemos clasificalo en dous termos:

* CIRUXÍA MAIOR: Quitar o apéndice, unha intervención cardíaca etc.

* CIRUXÍA MENOR: Coser unha ferida etc.

Para que un paciente poida ser intervido cirúrxicamente, é necesario administrarlle un fármaco chamado ANESTESIA, que elimina a sensibilidade á dor, desta maneira o paciente non sofre mentres é operado.

imagen

A ciruxía dividese en dúas ramas:

*Especialidades quirúrxicas: (oral, maxilofacial, plástica, reparadora…)

*Especialidades médico quirúrxicas: (ortopédica, traumalóxica, oftalmoloxía…)

Pese as vantaxas que pode conlevar, a ciruxía tamen ten os seus riscos, algúns son debidos ao estado do paciente. Outros, en cambio, son debidos á ciruxía e á anestesia. Estes últimos son mínimos hoxe en día, xa que os médicos están altamente cualificados e a anestesia está moi mellorada.

Unha das ciruxías máis complicadas son as de “a corazón aberto”, que son aquelas nas cales se ten que abrir o tórax e operar o corazón.

Ó referise ao termo “aberto”, non quere decir que se abra o corazón, ainda que pode facerse dependendo da ciruxía.

Estas ciruxías, gracias á axuda de avances tecnolóxicos moi importantes, levanse a cabo con moito éxito na maioría dos casos.

Moitas son as ciruxías que se realizan a corazón aberto e que permiten o control ou curación de enfermidades e defectos cardíacos.

Aquí vos deixo un video dunha desas ciruxías “a corazón aberto”:


 

Tags: , ,