Do big bang ao big rip

A principios do seculo XX  os astrónomos descubriron algo raro no espectro da luz que nos chegaba desde as galaxias. As liñas do espectro que representaban diferentes elementos químicos non estaban colocadas no seu sitio, senón que aparecían desprazadas, pois, as galaxias estabanse afastando unhas doutras, ao coñecer este afastamento de galaxias xurdiu a teoria do big bang.

  • A confirmación do big bang:

A confirmación da teoría do big bang tivo que esperar outro medio século. Traballando nun novo tipo de antena comercial, Arno Penzias e Robert Wilson descubriron en 1964 que desde todos os puntos do universo chegaba ata ela unha radiación moi débil. Esta radiación como procedía de todos os puntos do universo denominouse “cosmica”. E como era moi débil, debía tratarse de algo moi afastado:por iso chamouselle radiación cósmica de fondo.

  • O big bang e a historia do universo:

O universo, tal e como o coñecemos hoxe, non se parece en nada ao que xurdiu nos primeiros instantes do big bang. Hoxe sabemos que o universo naceu hai uns 13700 millóns de anos.

E o futuro? As predicións son mais ben sombrías: a enerxía escura podería separar as galaxias unhas das outras a distancias tales que faría practicamente invisibles; e na súa versión extrema podería desmembrar as galaxias, as estrelas e os átomos. Sería o big rip, o gran picado.


 

Tags: , ,

2 Respostas a “Do big bang ao big rip”

  1. Rita María López Calvo Dixo:

    Moi bo o traballo Rubén!

  2. Antía Sayáns Dixo:

    Non me gusta o teu traballo ruben ;P