MENDEL

Gregory Mendel ( 20 de xullo de 1822 - 6 de xaneiro de 1884) foi un monxe agostiño católico e naturalista, nacido en Heinzendorf, Austria, que describiu as chamadas Leis de Mendel que rexen a herdanza xenética, por medio dos traballos que levou a cabo con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum). Os primeiros traballos en xenética foron realizados por Mendel. Inicialmente realizou cruces de sementes, as cales tiveron a particularidade de saír de diferentes estilos e algunhas da súa mesma forma. Nos seus resultados atopou caracteres como os dominantes que se caracteriza por determinar o efecto dun xene e os recesivos por non ter efecto xenético sobre unha persoa heterocigoto.

Mendel presentou os seus traballos nas reunións da Sociedade de Historia Natural de Brünn, publicándoos posteriormente como Experimentos sobre híbridos de plantas. Ao tipificar as características fenotípicas (aparencia externa) dos chícharos chamounas «caracteres». Usou o nome de «elemento», para referirse ás entidades hereditarias separadas. O seu mérito radica en darse conta de que os seus experimentos (variedades de chícharos) sempre ocorrían en variantes con proporcións numéricas simples.

Os «elementos» e «caracteres» recibiron posteriormente infinidade de nomes, pero hoxe coñécense de xeito universal pola que suxeriu en 1909 o biólogodinamarqués Wilhem Ludwig Johannsen, como xenes. Sendo máis exactos, as versións diferentes de xenes responsables dun fenotipo particular, chámanse alelos. Os chçicharos verdes e amarelos corresponden a distintos alelos do xene responsable da cor.

imagen

Leis de Mendel:

Primeira lei, ou Principio da uniformidade: -Cando se cruzan dous individuos de raza pura, os híbridos resultantes son todos iguais entre si-. O cruzamento de dous individuos homocigotos, un dominante (AA) e outro recesivo (aa), orixina só individuos heterocigotos, é dicir, os individuos da primeira xeración filial son uniformes entre eles (Aa).

Segunda lei, ou Principio da segregación: -Certos individuos son capaces de transmitir un carácter aínda que neles non se manifeste-. O cruzamento de dous individuos da F1 (Aa) dará orixe a unha segunda xeración filial na cal reaparece o fenotipo “a”, a pesar de que todos os individuos da F1 eran de fenotipo “A”. Isto fai presumir a Mendel que o caracter “a” non desaparecera, senón que só fora “opacado” polo caracter “A”, pero que ao reproducirse un individuo, cada caracter segrega por separado.

Terceira lei, ou Principio da transmisión independente: Esta lei fai referencia ao cruzamento polihíbrido (monohíbrido: cando se considera un caracter; polihíbrido: cando se consideran dous ou máis caracteres). Mendel traballou este cruzamento en chçicharos, nos cales as características que el observaba (cor da semente e rugosidade da súa superficie) atopábanse en cromosomas afastados. Deste xeito, observou que os caracteres transmitíanse independentemente uns doutros. Esta lei, con todo, deixa de cumprirse cando existe ligazón (dous xenes están en locus moi próximos e non se separan na meiose).

 

Mendel comezou os seus experimentos escollendo dúas plantas de chícharos que diferían nun carácter, cruzou unha variedade de planta que producía sementes amarelas con outra que producía sementes verdes, estas plantas forman a Xeración Parental (P).

Como resultado deste cruzamento producíronse plantas que producían máis nada que sementes amarelas, repetiu as cruces con outras plantas de guisante que diferían noutros caracteres e o resultado era o mesmo, producíase un carácter dos dous na xeración filial. Ao carácter que aparecía chamoulle Dominante e ao que non, Recesivo. Neste caso a cor amarela é dominante fronte á cor verde.

As plantas obtidas da Xeración Parental denomínase Primeira Xeración Filial (F1).

Mendel deixou que se autofecundaran as plantas da Primeira Xeración Filial e obtivo a Segunda Xeración Filial (F2) composta por plantas que producían sementes amarelas e plantas que producían sementes verdes nunha proporción 3:1 (3 de sementes amarelas e 1 de sementes verdes). Repetiu o experimento con outros caracteres diferenciados e obtivo resultados similares nunha proporción 3:1.

Desta experiencia saco a Primeira e Segunda lei

Máis adiante Mendel decidiu comprobar si estas leis funcionaban en plantas diferenciadas en dúas ou máis caracteres, escolleu como Xeración Parental plantas de sementes amarelas e lisas e plantas de sementes verdes e rugosas.

Cruzounas e obtivo a Primeira Xeración Filial composta por Plantas de sementes amarelas e lisas, a primeira lei cumpríase, na F1 aparecían os caracteres dominantes (amarelos e lisos) e non os recesivos (verde e rugosos).

Obtivo a Segunda Xeración Filial autofecundando a Primeira Xeración Filial e obtivo sementes de todos os estilos posibles, plantas que producían sementes amarelas e lisas, amarelas e rugosas, verdes e lisas e verdes e rugosas, contounas e probou con outras variedades e obtíñanse nunha proporción 9:3:3:1 ( 9 plantas de sementes amarelas e lisas, 3 de sementes amarelas e rugosas, 3 de sementes verdes e lisas e unha planta de sementes verdes e rugosas).

Desta experiencia deduciu a Terceira Lei de Mendel.

A continuación podedes ver un vídeo sobre a obra de Mendel:

 

 

 

 

 

 

 

 

Tags: , , ,

2 Respostas a “MENDEL”

  1. Andrea Miramontes Castro Dixo:

    Moi ben Toni!!
    ainda que é moi extenso!!!
    noraboa polo teu traballo

    :D

  2. Rubén Mata Dixo:

    si señor toni!
    moi bo traballo

    ;)