Enfermidades mentais.

Os problemas de saúde mental inclúen cambios no pensamento, no estado de ánimo ou no comportamento. Cando estes cambios son graves, chámanse enfermidades mentais. Hai unha gran variedade:

-Esquizofrenia: é unha enfermidade  grave na cal o paciente mostra un pensamento desorganizado, delirios,  ten alucinacións… A persoa que padece esta enfermidade ve distorsionada de forma importante a súa facultade de razoar e as súas percepcións. Os síntomas a miúdo comezan en adultos xóvenes.

-Trastornos de ansiedade: é un grupo de trastornos que teñen en común un medo ou temor intensos.

-Depresión: é a enfermidade mental máis común. Consiste nun trastorno no estado do animo que se presenta como un estado de abatimiento e infelicidades que pode ser transitorio ou permanente.

-Trastornos da conduta alimentaria: a miúdo empezan na xuventude. Normalmente afectan ás mulleres. Son a anorexia nerviosa e a bulimia. Na anorexia nerviosa a persoa está demasiado delgada, pero vese gorda. Por iso esta persoa négase a comer, para non poñerse máis gorda según ela. Nas mulleres é frecuente que desapareza a menstruacion. Unha persoa con bulimia ten un peso adecuado ou un pouco maior. Presenta episodios de comer desmesuradamente que van seguidos de sentimentos de culpabilidade, polo que intenta eliminar o que comeu a través de vomitos, exercicio desmesurado…

imagen

-Síndrome de déficit de atención e hiperactividade: Diagnostícase en nenos e trátase dun transtorno neurolóxico do comportamento caracterizado por unha distracción moderada, periodos de atención breve, inquietude motora, inestabilidade emocional e conductas impulsivas.

-Trastornos da personalidade: son diversos trastornos que se caracterizan por patróns ríxidos e non apropiados de comportamento.

-Demencia: Consiste na perda progresiva das capacidades mentais, fundamentalmente a memoria. É máis frecuente en anciáns e a máis común é a enfermidade de Alzhéimer.

Actualmente existen tratamento efectivos para este tipo de enfermidades.  Numerosos tratamentos farmacolóxicos e psicolóxicos que, xunto con estratexias de autoaxuda e o apoio da comunidade, permiten que os enfermos curen ou teñan unha melloría.

Moitos enfermos non acoden a recibir o tratamento axeitado. O motivo é principalmente o medo e a preocupación porque os seus coñecidos saiban que padecen unha enfermidade deste tipo.

Todos podemos facer algo para que estas persoas non teñan ese medo e consiste en:

-Tratar a xente con enfermidades mentais con respecto e dignidade.

-Non etiquetar a xente polo diagnóstico. Por exemplo, non se debería dicir de alguén que ”é un esquizofrénico” senón que “ten esquizofrenia”


 

 

Tags: , , , , , , ,

4 Respostas a “Enfermidades mentais.”

  1. Andrea Miramontes Castro Dixo:

    Ola Miriam!
    gústame moito o traballo que fixeches, está todo moi claro.
    Gústame o tema que elixiches xa que é un problema moi actual.

  2. Antonio Fernandez Dixo:

    mui ben!!!todo mui bn explicao

  3. Alberto Fariñas López Dixo:

    Muy buen trabajo!!!
    Gustame moito !!
    Cojiches un buen exemplo ;)

  4. Lucia Lopez Rodriguez Dixo:

    O teu traballo é moi bo. Gustame moito o tema escollido por ti.
    Felicidades Miriam!
    :D