Teroría do Big Bang e orixe do Universo

imagen

 

O Big Bang, constitúe o momento no que da “nada” emerxe toda a materia, é dicir, a orixe do universo. Ata ese momento a materia era un punto de densidade infinita, que nun momento dado estoupa xerando a expansión de materia en tódalas direccións e creando o noso Universo.

 Cada partícula de materia comezou a alonxarse moi rápido unha doutra. A materia lanzada en tódalas direccións pola explosión estaba constituída por partículas elementais: electróns, barións, neutróns, fotóns…

 En 1948, George Gamow plantexou que os elemento que hoxe se obsevan produxéronse duarante os primeiros minutos tras o gran estalido, cando a temperatura alta e a densidade do Universo fusionaron partículas subatómicas nos elementos químicos. Estudos máis recentes indican que o hidróxeno e o helio foron os produtos primarios do Big Bang, e que os elementos máis pesados produxéronse logo dentro das estrelas. Polo tanto a base para a comprensión da orixe do Universo é que a materia existente nos primeiros momentos expandeuse con moita rapidez. E o helio e o hidróxeno enfriaron e condensáronse en galaxias e estrelas.

 Un dos problemas sen resolver no modelo do Universo en expansión é se este é aberto ou pechado, é dicir, se se expandirá indefinidamente ou volverá a contraer de novo.

 Se a densidade de masa do Universo atópase sobre a densidade crítica, entón o Universo alcanzaría un tamaño máximo e comezaría a colapsarse. Volveríase máis denso e máis quente, rematando nun estado similar ao estado no cal comezou nun proceso chamado Big Crunch. Por outro lado se a densidade do Universo é igual ou menor á densidade crítica, a expansión diminuiría a súa velocidade, pero non se detería nunca. A formación de estrelas cesaría mentres o Universo en crecemento faríase menos denso. A temperatura do Universo podería acercarse ó cero absoluto e os buratos negros evaporaríanse. Se existe a descomposición do protón, proceso no que decaerían as partículas de menor masa emitindo radiación no proceso, entón o hidróxeno desaparecería a moi longo prazo, deixando soamente radiación.

 


 

 

Tags: , , , ,