CRONOLOXÍA DUN FRAUDE

     É indudable que a ciencia avanza a pasos axigantados. Sen embargo sempre hai persoas que intentan que evolucione de xeito forzoso…Espero que este artigo sexa do voso agrado e vos resulte interesante. imagenFebreiro de 2004: O equipo do profesor Hwang, da Universidade Nacional de Seúl, produce por primeira vez na historia células nai de embrións humanos clonados. Os resultados deste estudo son publicados na revista “Science”. É a primeira vez que se ofrecen probas veraces sobre a clonación de embrións humanos con fins terapéuticos.
Maio de 2004: Sospéitase do dito traballo. A revista “Nature” informa sobre a colaboración de dúas mozas do equipo de Hwang o doar os seus óvulos para o experimento. A Asociación de Bioética de Corea do Sur pídelle o profesor que se revelen os detalles sobre a orixe dos 242 óvulos empregados na súa investigación.
Agosto de 2004: interrómpese o estudo.
Maio 2005: Hwang e o seu equipo revelan ó mundo que puideron extraer as primeiras células nai de embrións clonados de pacientes enfermos. Debido a isto poderanse empregar para transplantes e curación de enfermidades como o alzheimer, o párkinson, a diabete ou o SIDA por ser idénticas xeneticamente o dos doantes.
Xuño 2005: Un programa de investigación da cadea MBC sinala que o estudo do equipo de Hwang de 2005 podería ser falso.
Agosto de 2005: O equipo de Hwang comunica o seu éxito a hora de clonar por primeira vez un can. Trátase de “Snuppy”, unha cría de galgo afgano.
Outubro de 2005: A Universidade Nacional de Seúl, da que Hwang é catedrático de veterinaria, crea o Banco Mundial de Células Nai, do que o profesor é director.
8 Novembro de 2005: Roh-Sung-il, un dos administradores do Hospital MizMedi e colaborador na investigación de Hwang admite que ese centro médico comprou óvulos a mulleres, inda que  sinala que Hwang non sabía nada.
22 Novembro de 2005: Saen a luz a través da MBC probas da aportación de óvulos das dúas mozas do equipo.
24 Novembro de 2005: Hwang recoñece que os seus investigadores tiveron certos lapsus éticos e presenta a súa dimisión de todos os cargos públicos nos que está.
11 Decembro de 2005: Ante a avalancha de presións, o equipo do profesor pide a Universidade Nacional de Seúl que examine o estudo de 2005 sobre células nai de pacientes específicos.
15 Decembro de 2005: Roh afirma que Hwang lle recoñeceu que non se obtiveran células nai de pacientes. Segundo esa información, o ADN de varias das células nai creadas por dito equipo non coinciden co dos pacientes dos que se supón que se obtiveron.
16 Decembro de 2005: Hwang admite que algúns datos foron manipulados.
22 Decembro de 2005: Hwang pide a Fiscalía Central de Seúl a suposta substitución das células nai obtidas nos seus traballos por outras normais almacenadas no hospital de MizMedi.
23 Decembro de 2005: Un comité de investigación da Universidade Nacional de Seúl establece un informe interno que a produción das células nai de embrións de pacientes foi manipulada.
29 Decembro de 2005: Outro informe da mesma fonte sinala que cinco das liñas de células nai de pacientes gardadas por Hwang en realidade son células nai normais creadas dun óvulo fertilizado n hospital de MizMedi.
10 Xaneiro de 2006: A comisión da Universidade Nacional de Seúl encargada de avaliar os experimentos de Hwang ditamina que este profesor e o seu equipo falsificaron os datos nas súas investigacións de 2004 e 2005. A comisión sinalou que os análises de ADN mostraron que os datos publicados no artígo “Science” en 2004 por Hwang foron resultado dunha mutación por partenoxénese. Un engano difícil de desenmascarar xa que neste tipo de experimento créase “a impresión de crear” unha célula nai auténtica.

 

Tags: , , , ,