Placas tectónicas

A tectónica de placas é unha teoría científica que establece que a litosfera está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído. Esta teoría tamén describe o movemento das pacas, as súas direccións e interaccións.As diferentes placas desprázanse con velocidades da orde de 5cm/ano o que é, aproximadamente, a velocidade con que crecen as uñas das mans. Dado que se desprazan sobre a superficie finita da Terra, estas interaccionan unhas con outras ó longo das súas fronteiras ou límites provocando intensas deformacións na codia e litosfera da Terra, o que da lugar a grandes cadeas montañosas e grandes sistemas de fallas asociados con estas. O contacto por fricción entre os límites da placas é responsable da maior parte de terremotos.Identificáronse 12 placas grandes e numerosos ´´bloques´´ de dimensións menores. As principais placas son: Africana, Norte América, América do Sur, Placa do Pacífico, Placa de Nazca, Euroasiática, Cocos, Caribe, Antártica, Australiana, de Arabia e das Filipinas.

No vídeo o que podedes acceder aquí, explicase polo miúdo a teoría da tectónica de placas

 

Tags: