“Coautor” de A orixen das Especies

Algún que outro estarase a preguntar que qué é iso de coautor de A orixe das Especies,xa que estúdase que o autor deste libro é Charles Darwin, non si?  Pois aquí a explicación:

charlesyalfred.jpg

Alfred Russell Wallace (1823-1913) naceu na cidade de Monmouth (o que é hoxe Gwent), Gran Bretaña. Foi contemporáneo de Charles Darwin.  Fixo estudos de arquitectura mais a súa pasión auténtica era a historia natural e decidiu entregarse a ela a partir de 1845. Tres anos despois adquire o recoñecemento da Real Sociedade Xeográfica cos traballos realizados durante a súa viaxe o río Amazonas. Isto permitiulle dirixir a investigación nas illas Malasia dende 1854 ata 1862. Alí logo das investigacións, contraeu a malaria e preso da febre escribiu as súas ideas sobre a selección natural e formulou a súa teoría: “…que a perpetua variabilidade de todos os seres vivos terían que proporcionar o material a partir do cal, pola simple supresión de aqueles menos adaptados ás condicións do medio, solo os máis aptos continuarán na carreira”.  Cando en 1858 expuxo as súas ideas a Darwin, deuse a asombrosa coincidencia de que este último tiña manuscrita a súa propia teoría da evolución, similar á do primeiro.  Antes de que Darwin publicara os resultados das súas indagacións Wallace enviou a este o seu corto ensaio titulado “Sobre a tendencia das diversidades a afastarse indefinidamente do tipo orixinal”, no que se explicaban os principios da selección natural sen chegar a ter a menor idea de que Darwin xa descubrira a selección natural, nin o grao en que o seu ensaio adquiría prioridade sobre o que constituía a obra de toda a vida de Darwin. En xullo dese  mesmo ano 1858 a Sociedade Linneana de Londres divulgou uns extractos dos manuscritos de ambos científicos nunha publicación conxunta.

Wallace recibiu numerosos premios, mais como “coautor” de A orixe das Especies quedou relegado a un segundo plano.

As opinións son diversas e enfrontadas sobre este tema:

Según Beccaloni( responsable da exhibición Selección natural, no Museo de Ciencias Naturais de Londres) “Wallace é dobremente responsable da teoría xa que o seu artigo xerou o de Darwin. Tamén porque isto provocou que Darwin decidira publicar as súas ideas de forma rápida e condensou o que pensaba que ían a ser tres ou catro volumes nun, A orixe das especies”.

Según John Van Wyhe (especialista en Darwin da Universidade de Cambridge e director do proxecto que reuniu a súa obra completa na rede) “ O feito de que non se publicaran os catro volumes orixinais é unha pena, porque deu lugar a un libro ameno, cheo de ideas, pero sen evidencias. Se Darwin houbese tido tempo de publicar a obra que tiña pensada, houbese aportado todos os datos e probas que recollera tan coidadosamente na súa viaxe no Beagle”

Aquí vos deixo as miñas fontes de información, enlaces para coñecer algo máis sobre este persoaxe, Wallace, e esta historia.

Página web de Wallace

Artigo de Mercosur noticias sobre esta historia

Biografía de Wallace por J.D. Bernal, historiador marxista

 

Tags: , , , ,