Terremotos

Un terremoto de 6.1 graos na escala Richter rexistrouse o día 6 de Xaneiro na provincia de Papúa Occidental, Indonesia, sen que se coñecera de inmediato sobre víctimas ou danos materiais.

O Servizo Xeolóxico de Estados Unidos informou que o sismo se rexistrou ás 07:48 horas locais do mércores (22:48 GMT do martes) na costa, uns 75 kilómetros ao oeste da pequena cidade de Manokwari.

Miles de residentes atemorizados trasladáronse de inmediato a refuxios cercanos, habilitados a raíz de dous fortes terremotos que provocaron unha morte e derrubaron edificios o domingo pasado.

A poboación improvisou campamentos en xardíns e rúas fóra das súas casas, e estímase que hai uns 14 mil refuxiados cerca da provincia.

Moitas persoas huíron polo temor dunha advertencia de tsunami, según fontes oficiais.

Centos de construccións gubernamentais e privadas resultaron danadas polos sismos do pasado fin de semana, mentres que dous de sete pontes danados colapsaron.

Os sismos en Indonesia sucedéronse nos últimos catro días, o que fixo recordar os intensos movementos telúricos en Manokwari en 2002 e o tsunami que matou a 168 mil personas nas provincias indonesias de Aceh e a illa Nias en 2004.

Para máis información sobre terremotos pica aquí ou aquí.

Un saúdo.

 

Tags: , ,