A Extinción dos Dinosaurios; Hipótesis
Ó longo da historia propuxéronse unas 45 hipóteses sobre a extinción dos dinosaurios pero non todas son demasiado lóxicas, algunhas ata se contradicen, na miña opinión as tres teorías máis aceptables son estas:

Vulcanismo e alteracions dos ovos:
Dado que o selenio é un elemento moi venenoso para os embrións e una pequeña cantidade pode causar a morte dos polos da galiña, que en Dinamarca e Francia encontráronse altos niveis de selenio na cáscara de ovos de saurópodos de fins do Cretáceo, dado que a cantidade de selenio aumenta nos ovos máis próximos ó límite C/T, e os nidos presentan maior porcentaxe de eclosións fallidas. A hipótese que se presenta é que os dinosaurios herbívoros de fins do Cretáceo padeceron unha forte reducción das eclosións por mor de inxeri grandes cantidades de vexetación impregnada con polvo volcánico que contiña selenio, producindose o derrumbe das cadeas alimentarias.
Xigantismo Extremo:
Moitos dinosaurios poseían grandes hipófises na base do cráneo e o mal funcionamento endocrino é a causa do crecemento desproporcionado (xigantismo por hipersecreción hipofisiaria). A hipótese que presentamos é que os dinosaurios desapareceron por fallos endocrinos que fixeron que alcanzaran tallas excesivamente grandes. Así, apareceron desarreglos corporais como discos invertebrales mal axustados ou dislocados, malformacións óseas, exceso de temperatura interna… Esta teoría a pesar de ser unha das máis factibles deixa pequenos interrogantes como que os maiores dinosaurios(saurópodos) predominaron durante o período Xurásico, e non corresponden as especies que desapareceron a fíns do Cretáceo. Non hai razón para pensar que en distintas líneas evolutivas de dinosaurios se producirán simultáneamente desórdenes endocrinos. Esta hipótese non explica a extinción simultánea de outros organismos como especes mariñas que vivian noutros hábitats pero aínda así é unha das máis realistas.
Efecto invernadoiro; calor e sequía
Dado que a fíns do Cretáceo tivo lugar unha gran actividade volcánica, que liberou enormes cantidades de anhídrido carbónico; que os depósitos de algas de augas profundas e os productos da dixestión dos dinosaurios herbívoros poideron liberar grandes cantidades de metano hacia a atmosfera e que grandes concentracións atmosféricas de anhídrido carbónico e de metano permitíran o paso da luz solar ata a superficie terrestre impedindo a salida do exceso de calor ó espacio. A Hipótese que se plantea é que as grandes concentracións atmosféricas de anhídrido carbónico e de metano a fíns do Mesozoico quentaron a Terra rápidamente e os dinosaurios desapareceron por un “efecto invernadoiro”. O plancton é moi sensible ó aumento das temperaturas, o que explica o derrubamento das cadeas alimentarias mariñas e a sua destrucción agravaría o efecto invernadoiro pola sua importancia na conversión de CO2 en 02.
Outras hipóteses non demasiado realistas, ou que carecen de argumentos ou probas sólidas son as seguintes:
Engrosamento dos ovos:
Dado que en Fracnida se encontraron nidadas enteiras do Cretáceo superior que estaban formadas por ovos sen eclosionar, que presentaban un engrosamento da cáscara. A Hipótese que se presenta é a de que o engrosamento patolóxico da cáscara dos ovos de dinosaurios, determinado por alteracións ambientais, impideu que as crías poideran rompela. Esta teoría deixa demasiadas obxeccións como que se encontraron outras nidadas da misma época nas que as crías naceron e a maioría dos ovos do xacementos considerados tiñan varias capas pero non un grosor maior do normal, senón que eran máis delgados. Tampouco explica a extinción simultánea de outros organismos.
Superpoblación e Suicidio:
Dado que durante o Mesozoico as condicións ambientais foron favorables para a proliferacióndos dinosaurios, éstos alcanzaron grandes densidades de poboación. A hipótese presentada ante estes feitos é a de que a superpoboación induceunos a desarrollar factores psicóticos que os levaron a suicidios colectivo, como sucede actualmente cos lemmings ou algún cetáceos. Ó maior problema desta hipótese é que non é unha hipótese para nada seria.
Radiacións e Cegueira:
Dado que o estudo das córneas de réptis modernos mostran que poden quedar cegos por cataratas. A hipótese que se presenta é que debido ao quentamento gradual da Terra e o exceso de radiacións ultravioletas os dinosaurios quedaron cegos e morreron sen poder reproducirse. Esta hipótese non se considera demasiado realista xa que foi presentada en 1982 e posee de fundamentos serios.
Aquí deixo un vide que mostra unha recreación da hipótese da extinción dos dinosaurios que se basea na caída dun gran meteorito na Terra.
Tags: dinosaurios, extinción, Hipótesis