Que se fai para evitar o cambio climático?
O Cambio Climático é a modificación do clima respecto ao que sería normal nunha zona ou rexión, e dicir, que nun sitio que sempre vai frío e hai neve, que faga sol. Este fenómeno produces por causas naturais ou antropoxénicas. Dito termo utilízase actualmente, de forma inapropiada, como sinónimo do fenómeno do Quentamento Global, anque non só o cambio climático é provocado polos humanos, se non que tamen e producido por causas naturais.
GreenPeace é sabedor de que o cambio climático pode xerar moitos problemas ao noso planeta Terra, xa que un aumento de 2ºC no noso planeta Terra pode desencadear consecuencias catastróficas.
Para combatir este Quentamento Global, ou Cambio Climático, os altos mandatarios dos países mais importantes e contaminantes da Terra, déronse cita en Kioto, Xapón, no cal se faría un protocolo que constaría do seguinte:
O Protocolo de Kioto sobre o cambio climático, consiste en rebaixar alomenos un 5% dos seis gases que producen o Quentamento Global: o dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4) e óxido nitroso (N2O), ademáis de tres gases industriales fluorados: Hidrofluorocarbonos (HFC), Perfluorocarbonos (PFC) e Hexafluoruro de Xofre (SF6).
E dicir, dende o ano 2008 ao 2012 todos os países deberían baixar un 5 % as súas emisións destes gases.
Para decidir se se lle daba continuidade ao Protocolo de Kioto, que ten o seu fin en 2012, Fixose unha cumbre en Cophenague, que consistiu no seguinte:
Dende o 7 ao 18 de decembro de 2009, a Convención Marco das Nacions Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), organizou dita Conferencia Internacional, á cal acudiron representantes especialistas en clima dos 192 paises membros da CMNUCC. O obxectivo de dita Conferencia era reducir, nun plazo ata 2050, a redución o Dióxido de Carbono alomenos nun 50%, para isto, os paises implicados deverían propoñerse metas intermedias, como, en 2020, ter reducido un 35 ou 40% de emisións de dito gas.
O resultado da Cumbre de Cophenague foi malo
.
Tags: Kioto