As enfermedades tumorais e o cancro.
Definición de tumor.
Defínese como unha masa de tecido desorganizado.É un conxunto de enfermidades nas cales o organismo produce un exceso de células malignas (coñecidas como canceríxenas ou cancerosas), con crecemento e división máis alá dos límites normais.
Hai dous tipos de tumores,ainda que a maior parte deles son tumores benignos, que son aqueles que crecen localmente, é dicir, quedan no lugar no que se formaron.Estes tumores poden chegar a ter un gran tamaño,en xeral os tumores benignos pódense extirpar por medio da ciruxía e non adoitan poñer en perigo a vida do enfermo.A parte dos tumores benignos existen tamen os tumores malignos que é o que está formado por células que se poden desprazar dende o lugar inicial do tumor para xerar novos tumores noutras partes do corpo.As células dun tumor maligno teñen dúas características:
-Invasividade: é a capacidade de penetrar e estenderse polos tecidos contiguos.
-Metástase: é a capacidade de penetrar dentro dos vasos sanguíneos e linfáticos para formar un segundo tumor (tumor metastásico).

Defínese como un conxunto de enfermidades nas cales o organismo produce un exceso de células malignas (coñecidas como canceríxenas ou cancerosas), con crecemento e división máis alá dos límites normais.
Cando unha persoa ten cancro require seguir un tratamento que hoxe en día aumentan moito a esperanza de vida dos paciente ou, incluso, que os chegan a curar totalmente.
- Cirurxía: Consiste na extirpación da masa tumoral.Para que sexa efectiva débese extirpar totalmente o tumor, cun bordo de tecido san, para asegurarse de que non queden células tumorais.
- Radioterapia: Consiste na utilización de radiacións para destruir as células cancerosas. A radiación tamén dana os tecidos veciños normais, ainda que existen diversas técnicas para minimizar este dano.
- Quimioterapia: Consiste na administración de fármacos que causan a morte das células cancerosas.Estes fármacos tamén afectan, aínda que en menor medida, as células normais.
- Tratamentos hormonais: Son efectivos nalgúns cancros que requiren a presenza de hormonas para desenvolverse.Consiste na utilización de fármacos que contrarrestran os efectos desas hormonas.Empréganse nalgúns cancros de mama, de ovario e de próstata.
- Inmunoterapia: Consiste no uso de axentes que reforcen o sistema inmunitario, que se encargaría de eliminar o tumor.Recentemente desenvolveuse unha vacina que prevén o cancro de colo do útero causado polo virus do papiloma.
Hai diversos riscos de producir cancro pero pódese reducir evitando a exposición de axentes que facilitan a súa aparición, que se denomina carcinóxenos.Para iso hai que seguir algunhas recomendacións como:
- Evitar o alcohol e o tabaco.
- Non tomar o sol en exceso e utilizar protección solar.
- Seguir unha dieta equilibrada.
- Manter relación sexuais sas.
A continuación veremos un vídeo sobre o cancro de mama.
Xoves 26 de Novembro do 2009 ás 12:29
Moi ben Rita!!
Gústame moito o teu traballo, esta moi ben explicado e é moi interesante