As enfermidades tumorais e o cancro
Que é un tumor?
Nos tecidos normais hai células que se dividen para producir células que substitúan as que xa están vellas ou deterioradas. Estas deben morrer para deixarlles espazo ás novas. Existe un equilibrio entre a produción de células novas e a morte das vellas, de maneira que non se produzan máis células das necesarias. En ocasións este equilibrio altérase, ben porque se producen máis células das necesarias ou porque as células vellas non morren cando lles corresponde. Nese caso aparece un tumor, que se define como unha masa de tecido desorganizado.A maior parte dos tumores son tumores benignos, son aqueles que crecen localmente, é dicir, quedan no lugar onde se formaron, pois as súas células non se desprazan. Aínda que poden chegar a ter un gran tamaño. En xeral os tumores benignos pódense extirpar por medio de ciruxía e non adoitan poñer en perigo a vida do enfermo.
Tumores malignos: o cancro
O cancro é unha das principias causas de morte. Aída que hai que recoñecer que se avanzou moito e hoxe moitos tipos de cancro cúranse se se detectan precozmente. O cancro é sinónimo de tumor maligno. Un tumor malignno é o formado por células que se poden desprazar desde o lugar inicial do tumor para xerar novos tumores noutras partes do corpo.
Esta é unha imaxe dun cancro de pulmón

Un tumor ten dúas características:
-Invasividade: Capacidade de penetrar e extenderse polos tecidos contiguos.
-Metastase: Capacidade de penetrar dentro dos vasos sanguíneos e linfáticos, moverse polo sangue e a linfa e depositarse en calquera parte do corpo para formar un segundo tumor.
A continuación presentase un vídeo sobre o cancro:
Unha páxina onde podes informarte sobre cousas relacionadas co cancro é: https://www.todocancer.com/ESP/
Luns 23 de Novembro do 2009 ás 14:29
Boa explicación