Enfermidades cardiovasculares.

As enfermidades cardiovasculares son as relacionadas co corazón e os vasos sanguíneos (arterias e veas).

Entre as máis frecuentes están:

-O accidente cerebrovascular: ocorre cando se interrompe a circulación sanguínea dunha parte do cerebro, normalmente porque un trombo sanguíneo (coágulo) obstrúe unha arteria cerebral.

-Aneurisma: é unha dilatación localizada dunha arteria ou vea ocasionada por unha dexeneración da parede. As aneurismas máis frecuentes son os arteriais e a súa localización máis habitual radica na base do cerebro e a aorta.

-Arteriosclerosis: refírese a un endurecemento de mediano e gran calibre. A arteriosclerosis polo xeral causa estreitamento das arterias que pode progresar ata a oclusión do vaso impedindo o fluxo do sangue pola arteria así afectada.

-Infarto de miocardio: prodúcese porque unha parte do músculo cardíaco queda sen achega de sangue, normalmente por oclusión das arterias coronarias que o irrigan.

Nesta imaxe podemos ver o que ocorre cando se obstrúe unha areria:

Obstrucción dunha arteria.

Facendo certas actividades podemos diminuír o risco de padecer unha enfermidade cardiovascular no futuro, por exemplo:

  • Facendo exercicio regularmente.
  • Non tomando máis calorías das necesarias.
  • Limitando o consumo de sal, azucre, carnes vermellas, xemas de ovo e alcohol.
  • Aumentando o consumo de cereais, legumes, peixe azul, ensadas e froita fresca.
  • Evitando abusar do consumo de graxas de orixe animal e empregando aceites vexetais para cociñar.
  • Substituíndo o leite enteiro por leite desnatado ou de soia.
  • Tomando alimentos integrais ricos en fibra.
  • Evitando comidas precociñadas.
  • Descansando o suficiente e organizando o noso tempo e actividades.


 

Tags: , , , , , ,

2 Respostas a “Enfermidades cardiovasculares.”

  1. Ana Rodriguez Suárez Dixo:

    Todo un exemplo de moito traballo, sobre todo no video;vese que deu traballo moi elaborado. ;)

  2. iriam Dixo:

    Moi ben, moi interesante, seguro que che levou moito tempo facelo, sobre todo insertar o vídeo jj.