Unha nova técnica permite escoller os espermatozoides de mellor calidade para a fecundación asistida.
Xa está dispoñible no noso país unha técnica pioneira que permite elixir os mellores espermatozoides para a súa utilización nun proceso de reprodución asistida.

Esta técnica denomínase IMSI, (Microinyección Intracitoplásmica de Esperma Seleccionado Morfológicamente), e a súa principal vantaxe é que aumenta ata en 8.000 veces a visualización do espermatozoide, o cal permite descartar os peor formados e seleccionar aqueles que presentan unha mellor morfología.
O aspecto que presentan os espermatozoides, é un parámetro seminal considerado como un dos mellores indicadores biolóxicos que poden conducir a un proceso de reprodución asistida con éxito.
A técnica foi creada en Israel e desenvolvida en Francia e Bélxica, e actualmente tan só unha decena de centros da UE conta con ela, debido ao elevado custo en tecnoloxía que require. En España, o Centro de Infertilidade e Reprodución Humana (CIRH), con sede en Barcelona e Lleida, é o primeiro que xa aplica a IMSI nos seus procesos de reprodución asistida.
Tags: artificial, CIRH, IMSI, Reproduccion asistida, seleccion, seleccion artificial